09 febreiro 2026

4º CURSO 2.5

9 - 13 FEBREIRO

 

Bo día !


A- REPASAMOS.

 

B- CANTAMOS.

 

C- AUDICIÓN.

Aquí tedes un exemplo dunha mestura perfecta entre película de animación e música, neste caso, "A danza da fada de azucre" de Tchaikovsky, un músico ruso do século XIX.
 
Prestade atención á sincronización dos movementos entre as zorras, que van aparecendo deslizándose polas liñas do pentagrama, e a melodía.




Outro exemplo de película de animación acompañada coa mesma música de Tchaikovsky.

3º CURSO 2.5

 9 - 13 FEBREIRO


Bo día !


A- CANTAMOS.


 

B- COPIAMOS E TOCAMOS.

Agora acabaremos de copiar a partitura da semana pasada e poñeremoslle o nome a cada nota. Logo practicaremos a dixitación coa frauta.

A próxima semana teredes por aquí un vídeo para facilitarvos a súa práctica.


Quedan por aquí as posicións das notas estudiadas na frauta.


C- OS INSTRUMENTOS NO ROCK.

A música rock é un estilo no que destacan os ritmos moi marcados e os instrumentos moi amplificados.

De todos eles destacan estes tres:

1- Guitarra eléctrica: ten seis cordas e adoita tocarse cunha puga. Necesita conectarse a un amplificador para aumentar a súa potencia e poder facer distintos efectos de son.

2- Baixo eléctrico: ten catro cordas e emite un son moi grave, por iso se chama baixo. Tamén necesita conectarse a un amplificador para aumentar a súa potencia.

3- Batería: tócase coas baquetas e está formada por varios instrumentos de percusión como a caixa, os pratos, o bombo e os toms.


2º CURSO 2.5

9 - 13 FEBREIRO

 

Bo día !

 

A- CANTAMOS.

Comezaremos a clase de hoxe cun debate sobre os disfraces para o Entroido:

Cal é o voso favorito?


B- RITMOS CON NEGRAS, CORCHEAS E SILENCIOS DE NEGRA EN 2/4 E 3/4

(Compás binario e ternario)






C- AUDICIÓN: O INVERNO (VIVALDI).


Por último imos escoitar unha obra do famoso compositor Vivaldi.

Vivaldi trata de describir coa súa música as Catro Estacións do ano. O que imos escoitar agora é o Inverno.


1º CURSO 2.5

9 - 13 FEBREIRO

 
BO DÍA !


A- CANTAMOS: O LIBRO MÁXICO.


B- O DADO MUSICAL.

AGORA IMOS ACABAR:
 
- AS CLAVES DE SOL.
- AS NOTAS CO DADO.

 

C- PERCUSIÓN.

POR ÚLTIMO IMOS FACER TRES GRUPOS PARA TOCAR INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.
 

 

04 febreiro 2026

6º CURSO 2.4

2 - 6 FEBREIRO


Bo día !

En breve preguntarei o Himno da Alegría, non vos esquezades del.


A- COMPROBAMOS AS LIÑAS DIVISORIAS.

Comezamos facendo  a colocación das  liñas  divisorias da  última  clase, logo marcaremos os acentos > e os pulsos I nesta partitura en 3/4
 


B- O MATIZ.

O matiz ou intensidade indica a forza coa que se ten que interpretar cada pasaxe dunha obra.

A intensidade sufre moitos cambios ao longo da interpretación da peza, conseguindo así proporcionarlle unha maior expresividade a esta.

Os cambios de intensidade fanse seguindo estas abreviaturas:

 

pp              p                mp                     mf           f           ff

pianissimo          piano           mezzopiano          mezzoforte         forte      fortissimo

 

Tamén empregamos os reguladores para indicar os cambios graduais de intensidade:

 



C- AUDICIÓN.

Agora prestade moita atención aos cambios de matiz nesta obra de Richard Wagner, compositor alemán nado no ano 1813 e moi coñecido polas súas óperas. A obra que escoitaremos agora é a Cabalgata das Valquirias.



5º CURSO 2.4

2 - 6 FEBREIRO


Bo día !

Non vos esquezades do Himno da Alegría que preguntarei este mes !



A- O COMPÁS DE TRES POR CATRO.

O 3/4 é un compás ternario, é dicir, ten tres partes ou pulsos. A primeira parte é forte (leva o acento) e a segunda e a terceira son débiles.
 
A figura unidade de tempo é a negra.
 
A figura unidade de compás é a branca con punto.


B- LIÑAS DIVISORIAS.

Agora comprobaremos as liñas divisorias da última clase e logo marcaremos os acentos > e os pulsos I nesta partitura en 3/4
 

 

C- AUDICIÓN: VALSE

Por último escoitaremos un valse, que é unha das pezas máis coñecidas en compás ternario. Neste caso é un valse de Johann Strauss (fillo), un compositor austriaco nado en Viena no ano 1825 e que pasou a ser recordado como o rei do valse.
 

 

4º CURSO 2.4

2 - 6 FEBREIRO

 

Bo día !


A- FRAUTA.

Hoxe é a última clase con esta partitura. Dádelle duro está semana.


B- COLOCA AS LIÑAS DIVISORIAS, PULSOS E ACENTOS.

Acabamos de poñer as liñas divisorias que quedaron sin colocar o último día.

O pulso é o sinal musical que marca o ritmo. Serían as pulsacións da obra que escoitamos.

O acento é a parte máis forte de cada compás.

Agora marcaremos os pulsos e os acentos da partitura anterior do seguinte xeito:

Pulso      I

Acento    >

 

C- AUDICIÓN.

O matiz indica a intensidade coa que se interpreta unha obra.

Ás veces escoitamos a música con máis ou menos forza.

Esta intensidade sufre moitos cambios ao longo da interpretación que fan os músicos seguindo estas abreviaturas:

 

pp                   p                mf                f                ff

        pianissimo                piano              mezzoforte          forte           fortissimo        

 

Prestamos atención aos cambios de matiz nesta obra.