Amosando publicacións coa etiqueta 3º CURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º CURSO. Amosar todas as publicacións

31 maio 2026

3º CURSO 3.9

1 - 5 XUÑO

 
Bo día !
 

A- INSTRUMENTOS VENTO-METAL: A TROMPETA.


A trompeta é un instrumento da familia de vento-metal. O seu son é dos máis agudos desta familia, xa que os outros compoñentes dela -como o trombón, a trompa ou a tuba- teñen un tubo máis longo que emite sons máis graves.
 
Os instrumentos desta familia teñen unha boquilla na que se poñen os beizos para facelos vibrar coma lingüetas ao soprar.
 
O son da trompeta é moi brillante e por iso é moi utilizada en orquestras, bandas, grupos de jazz e bandas militares.
 


B- LINGUAXE MUSICAL.


Agora tedes que ir ao enlace a practicar dúas cousas moi importantes: a colocación das notas no pentagrama e máis a lectura de ritmos.


    Practicamos as notas.                  
Practicamos ritmos.

                https://aprendomusica.com/const2/40aprendonotas6/aprendonotas6.html                                            https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

         

C- MUSICA, MÚSICOS E CINE DE ANIMACIÓN.


Hoxe temos por aquí a unha personaxe que coñeceredes ben: A Panteira Rosa.

Henry Mancini, o compositor deste tema, foi un músico que sempre será recordado pola súa contribución ao mundo do cine.


Entre os seus temas máis coñecidos está  o que vos deixo hoxe "Pink Panther theme".


Neste capítulo a protagonista trata de entrar nunha orquestra co seu violín para tocar o tema da panteira, pero o director da orquestra quere seguir co ensaio da 5ª Sinfonía de Beethoven.


26 maio 2026

3º CURSO 3.8

25 - 29 MAIO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA.

 

Comezamos a clase practicando coa frauta. Recordade:

1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo ...
5- Polgar dereito ...
6- Sopramos amodo.

 

Non vos esquezades das notas novas: do e re.


 

B- INSTRUMENTOS NA MÚSICA GALEGA.

En Galicia podemos atopar unha grande variedade de instrumentos nas formacións de música tradicional. Falaremos das características dalgúns dos máis empregados de cada familia:

Atendede agora a estas tres gravacións.


         


C- AUDICIÓN.

Para rematar a clase de hoxe escoitaremos unha obra do compositor estadounidense Henry Mancini. O nome deste tema é: "O paseo do pequeno elefante"
 

17 maio 2026

3º CURSO 3.7

18 - 22 MAIO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA.

Hoxe queda por aquí un vídeo que vos servirá para practicar a canción de frauta do mes de maio. Nela aparecían dúas notas novas: do e re.



B- CANTAMOS.

Repasamos a canción do último día : "Imos xogar".
 

C- VENTO-MADEIRA LINGÜETA SIMPLE: O CLARINETE.

O clarinete de Calamardo é un instrumento de vento, en forma de tubo e feito de madeira de ébano. Ten unha lingüeta simple e varios buratos e chaves.
 
É moi utilizado nas bandas de música, orquestras e bandas de jazz e folk.
 
Resultado de imagen de clarineteResultado de imagen de calamardo tocando el clarinete

Agora escoitade estes dous vídeos, de dous e un minuto, nos que poderemos ver ao clarinete en acción.
 
         

12 maio 2026

3º CURSO 3.6

11 - 15 MAIO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA.

Hoxe acabaremos de copiar esta partitura prestando moita atención aos puntos que acompañan a algunhas notas,

 
PICADE NA IMAXE PARA VER AS POSICIÓNS DE CADA NOTA.
 


B- CANTAMOS:


C- A MÚSICA NO ESPECTÁCULO.

É difícil pensar nun espectáculo no que a música non teña un papel importante. Unha obra de teatro, unha sesión no circo ou unha película de cine, serían moi distintas se non tivesen unha banda sonora axeitada.
 
Agora veremos unha animación, moi curtiña, sobre a música de Camile Saint-Säens. Verémola dúas veces; a primeira sen música e a segunta con música.
 
A ver cal preferides !
 
O Carnaval dos animais: 
Os paxaros.
 
 
Que instrumentos podemos escoitar nesta audición?

03 maio 2026

3º CURSO 3.5

4 - 8 MAIO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA: ΑS ΝΟΤΑS DO e RE.

É a hora de completar a escala musical coas dúas notas de frauta que nos faltan: do (grave) e re.
 
                       
                                
Para practicar estas dúas notas coa frauta, teredes que copiar esta partitura no caderno. Prestade moita atención ao lugar que ocupa cada nota no pentagrama.
 
Se necesitades recordar algunha posición, aquí tedes todas as estudiadas.
 

 

B- CORDA PUNTEADA: GUITARRA E ARPA.

Os instrumentos de corda punteada son aqueles nos que usamos os dedos, ou unha puga, para facer vibrar as cordas.

Estes instrumentos teñen un sistema de caravillas nas que se atan as cordas para poder ser afinadas.

A guitarra e a arpa son dous instrumentos desta familia, pero nela tamén están o ukelele ou o banxo.

C- MÚSICA E CINE: E.T. (JOHN WILLIAMS)

Para rematar a clase de hoxe temos a banda sonora dunha película digna de ver: E.T.
 
O seu compositor é John Williams, un músico moi coñecido pola súa contribución ao mundo do cine.

Espero que a gocedes !

28 abril 2026

3º CURSO 3.4

27 - 30 ABRIL

Bo día !


A- FRAUTA: DIÁLOGO

 

B- INSTRUMENTOS DE LÁMINAS NA ESCOLA.

Os instrumentos escolares de láminas pertencen á familia de percusión e están formados por dúas partes:
 
1- Caixa de resonancia.
2- Xogo de láminas afinadas de madeira ou metal.

O tamaño das láminas vai decrecendo de esquerda a dereita. As máis grandes emiten os sons máis graves e as máis pequena sons agudos.
 
Estes instrumentos tócanse con baquetas. As baquetas poden estar feitas con materiais de distinta dureza para emitir sons con timbres diferentes. Estas baquetas débense levantar rapidamente despois de cada golpe para deixar vibrar as láminas.
 
 
Temos tres familias: xilófonos, metalófonos e carillóns.
 


C- LINGUAXE MUSICAL: PERCUSIÓN.

Agora picamos na imaxe para acompañar con palmas esta "Muiñeira de Pontesampaio"
 

14 abril 2026

 3º CURSO 3.3

20 - 24 ABRIL

Bo día !


A- CANTAMOS.

Comezamos repasando a canción:      


"O LIBRO MÁXICO" 
MIGALLAS

Vídeo con pictogramas.






B- FRAUTA: DIÁLOGO.

Practicamos esta partitura de frauta. Non vos esquezades de practicar 10 minutos na casa cada día de luns a venres.

1- Lombo dereitiño.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos amodo.
4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.



Cando non recordedes a posición dalgunha nota picade na frauta.

C- PERCUSION:

    - CUBOS.
    - LATAS.

12 abril 2026

3º CURSO 3.2

13 - 17 ABRIL


Bo día !


A- CANTAMOS.


Comezamos cantando unha nova canción prestando moita atención a estes pasos.
1- Escoito unha vez, e con atención, a canción.
2- Leo e interpreto os pictogramas atentamente. 
3- Aprendo a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.

Como é unha canción de repaso, os que recordedes os movementos que aprendemos no cole, podedes repetir eses, e os que non, podedes inventar outros novos.

      

"O LIBRO MÁXICO" 
MIGALLAS

Vídeo con pictogramas.






B- AS FIGURAS E OS SILENCIOS.


Seguimos coa árbore das figuras. Comezaremos por copiar dende as semicorcheas ata a redonda.

Redonda....................4 pulsos.
Branca.......................2 pulsos.
Negra........................1 pulso.
Corchea.....................1/2 pulso.
Semicorchea..............1/4 pulso.



C- FRAUTA: DIÁLOGO.


Cando toquedes recordade os seguintes puntos:

1- Lombo dereitiño.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos amodo.
4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.



Cando non recordedes a posición dalgunha nota picade na frauta.

08 abril 2026

3º CURSO 3.1

07 - 10 ABRIL


Bo día !


A- CANTAMOS.

 
A primeira actividade que faremos hoxe será repasar a canción do último día:



B- FRAUTA.

 
Agora toca seguir coa partitura: "O diálogo"

Recordade:

    1- Espalda dereita.
    2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
    3- Sopramos moi amodiño.
    4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.
 

C- AUDICIÓN (O ACENTO NA MÚSICA).

Por último escoitaremos esta muiñeira marcando os acentos da música.


23 marzo 2026

3º CURSO 2.9

23 - 27 MARZO


Bo día !

A- CANTAMOS.

 
A primeira actividade que faremos hoxe será cantar unha canción prestando especial atención a estes pasos:

   1- Escoito unha vez, con atención, a canción.
   2- Lemos a letra atentamente e aclaramos o significado das palabras que non coñezamos.
  3- Aprendemos a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.



B- FRAUTA.

 
Agora toca copiar no caderno e logo practicar coa vosa frauta esta partitura: "O diálogo"

Recordade coidar os seguintes aspectos cando toquedes a frauta:

    1- Espalda dereita.
    2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
    3- Sopramos moi amodiño.
    4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.
 

C- PERCUSIÓN.

Por último faremos un pouco de lectura rímica e percusión.


 

10 marzo 2026

3º CURSO 2.8

9 - 13 MARZO


Bo día !


A- PERCUSIÓN.

Para comezar faremos tres grupos de percusión con caldeiros, latas e pandeiros.

 

B- FRAUTA.

Agora repasaremos as posicións das notas collendo a nosa frauta e premendo na seguinte imaxe.

Durante a práctica coa frauta recordade:

1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"

 

C- AUDICIÓN: O SOMBREIRO DE TRES PICOS.

Rematamos a clase de hoxe con este ballet do compositor español Manuel de falla. Como curiosidade, dicir que a súa imaxe aparecía no billete de 100 pesetas do ano 1970 (60 céntimos de hoxe en día).