Aquí deixo un exemplo do divertida que pode ser a música e da súa influencia no cine.
O nome do compositor de hoxe é Leroy Anderson, un coñecido músico
estadounidense do século XX. Escoitaremos unha das súas pezas máis
divertidas:
"A máquina de escribir".
O primeiro vídeo é unha orquestra que interpreta "A máquina de
escribir". O segundo vídeo é un fragmento dunha vella película, na que
se utiliza esta peza como parte fundamental da escena.
17 maio 2026
6º CURSO 3.7
18 - 22 MAIO
Bo día !
A- CANTAMOS: U2
B- ORQUESTRA ORFF: BARCAROLA
C- LINGUAXE MUSICAL: SÍNCOPE E ANACRUSE.
A síncope consiste nun cambio na regularidade do ritmo. Está formada por unha nota que comeza en parte ou fracción débil e que se prolonga ata a seguinte parte, ou fracción, forte.
A anacruse son as notas que nunha melodía aparecen antes do primeiro tempo forte, quedando así un compás incompleto que non se terá en conta no cómputo total dos compases.
12 maio 2026
6º CURSO 3.6
11 - 15 MAIO
Bo día !
A - A PERCUSIÓN NA ORQUESTRA.
Analicemos agora a colocación dos instrumentos na orquestra.
Como podedes ver a percusión ocupa o lugar máis afastado da dirección de orquestra. Nesta familia podemos facer dous grandes grupos con características ben diferenciadas:
Altura inteterminada. Altura determinada.
B- CANTAMOS:
I STILL HAVEN´T FOUND WHAT I´M LOOKING FOR.
C- FRAUTA E PERCUSIÓN:
BARCAROLA
03 maio 2026
6º CURSO 3.5
4 - 8 MAIO
Bo día !
A- FRAUTA E PERCUSIÓN: BARCAROLA.
B- CANTAMOS:
I STILL HAVEN'T FOUND WHAT I'M LOOKING FOR
28 abril 2026
6º CURSO 3.4
27 - 30 ABRIL
Bo día !
A- GRADUACIÓN (VER ANEXO).
B- GRUPOS RÍTMICOS: CORCHEAS+SEMICORCHEAS.
Atención a estes grupos rítmicos:
Para ler estes grupos rítmicos temos que partir do grupo de catro semicorcheas e das palabras chocolate ou tikitiki.
Igualmente podemos atopar estes grupos rítmicos pero cambiando algunha das figuras por silencios, orixinando así as notas a contratempo, ou simplemente contratempos, que son as que se dan en parte ou fracción débil cando están precedidas dun silencio:
É a hora de coller as baquetas para facer estes ritmos nos que se colarón algúns contratempos. Prestade moita atención!!
14 abril 2026
6º CURSO 3.3
20 - 24 ABRIL
Bo día !
A- FRAUTA:
Hoxe comezaremos a tocar tamén con instrumentos PAD e PAI
B- CANTAMOS:
C- LINGUAXE MUSICAL: A SUBDIVISIÓN DO COMPÁS.
Xa temos falado de compases binarios, ternarios e cuaternarios cando falabamos das partes que pode ter un compás. Hoxe toca falar da subdivisión de cada parte ou pulso do compás.
Compases compostos: 6/8 9/8 e 12/8
12 abril 2026
6º CURSO 3.2
13 - 17 ABRIL
Bo día !
A- FRAUTA.
Toca revisar e practicar a partitura:A Barcarola.
Recordade a importancia de ir practicando a partitura coa frauta eses 12 minutos diarios para non ter "apuros de última hora".
B- CANTAMOS:
"I STILL HAVEN`T FOUND WHAT I´M LOOKING FOR"
U2
C- LINGUAXE MUSICAL.
Agora tedes que ir co voso ordenador ao enlace da clave de sol para practicar uns sinxelos ritmos.
D- AUDICIÓN: A ZARZUELA.
Agora escoitaremos un xénero músical moi español: azarzuela. A zarzuela é unha forma de música teatral xurdida en diversos territorios de España con partes instrumentais, partes vocais e partes faladas.
O seu nome procede do Palacio da Zarzuela, que era onde se achaba o teatro que albergou as primeiras representacións do xénero e que hoxe é residencia dos monarcas españois.
A ver que vos parece...
08 abril 2026
6º CURSO 3.1
07- 10 ABRIL
Bo día !
A- FRAUTA.
Hoxe toca comezar cunha partitura nova: A Barcarola
Non vos esquezades de ir practicando esta partitura coa frauta eses 12 minutos diarios.
B- PERCUSIÓN.
É o momento de coller as baquetas.
A continuación temos unha serie de ritmos para facer. Comezaremos polos 12
ritmos en azul, que son máis curtos, e logo faremos os ritmos en verde
(13-18). Coidado cos contratempos dos ritmos 12, 15 e 18
C- AUDICIÓN; MÚSICA E CINE.
"STAR WARS" (John Williams)
John Williams é un compositor e director de orquestra nado en Nova York
en 1932. Leva toda a súa vida adicado á composición de grandes e
premiadas bandas sonoras para as películas máis coñecidas, algunhas
delas son: Harry Potter, Tiburón, E.T., Superman, Indiana Jones, Parque Jurásico e Star Wars.
A ver quen recoñece esta obra!!
23 marzo 2026
6º CURSO 2.9
23 - 27 MARZO
Bo día !
A- AUDICIÓN.
Hoxe toca falar das "Catro
Estacións" de Vivaldi.
No
enlace seguinte atoparedes o Inverno. O tema principal está a partires do minuto 3.50
B- INSTRUMENTOS DE VENTO.
Os instrumentos de vento, ou aerófonos, son aqueles que producen o seu son ao facer pasar unha corrente de aire por un tubo.
Este aire vibra dentro dese tubo para producir as diferentes notas, cuxa altura dependerá de diversos factores como a lonxitude do tubo ou a presión do aire en circulación.
Dentro desta gran familia podemos facer dous subgrupos:
- Vento madeira: de bisel, de lingüeta simple e de lingüeta dobre.
- Vento metal.
Podemos incorporar un terceiro subgrupo a esta clasificación:
- Vento mecánico: órgano, acordeón.
C- MÚSICA E CINE.
Agora deixo aquí o vídeo de Rhapsody in Blue, de George Gershwing.
10 marzo 2026
6º CURSO 2.8
9 - 13 MARZO
Bo día !
A- PERCUSIÓN.
Comezamos a clase collendo as baquetas para facer un pouco de percusión.
B- OS INTERVALOS.
Un intervalo é a distancia que hai entre dúas notas. Esta distancia medímola en tons ou semitóns. Mirade a escala de do M.
Os intervalos poden ser:
Ascendentes (van dunha nota grave a unha aguda) ou descendentes (agudo a grave).
Tamén poden ser de: segunda, terceira, cuarta...
Simples, cando non exceden da oitava, ou compostos, cando a superan).
Agora analizaremos estes:
C- AUDICIÓN: CAMILE SAINT-SAËNS.
Hoxe toca falar de Saint-Saëns e a súa Danza Macabra.
Camile Saint-Saëns, Francia 1835-1921, foi un compositor, director de orquestra e pianista fundamental na modernización da música francesa.
No ano 1874 compuxo a súa Danza Macabra. Con este poema sinfónico, Saint-Saëns describe á morte que sae a tocar o violín á medianoite. Os esqueletos saen a bailar arredor das súas tumbas e volven desaparecer ao amencer co canto do galo.
02 marzo 2026
6º CURSO 2.7
2 - 6 MARZO
Bo día !
PREGUNTAMOS
A- OS INSTRUMENTOS DE CORDA.
Os instrumentos de corda, ou cordófonos, son instrumentos musicais que producen sons por medio das vibracións dunha ou máis cordas
que están situadas entre dous puntos do instrumento. Estes sons pasan por unha caixa de resonancia cando as cordas son punteadas, percutidas ou
fretadas.
Dentro desta familia podemos distinguir tres grupos:
1- Corda fretada.
2- Corda punteada.
3- Corda percutida.
B- O LEITMOTIV E O CINE.
Na música, o leitmotiv é o motivo ou tema que se repite con frecuencia nunha obra musical asociado a
determinados personaxes ou situacións, e que axuda a caracterizalos. Seguro que coñecedes aos distintos personaxes do seguinte vídeo escoitando cada tema.
Serguei Prokofiev
Un leitmotiv consiste habitualmente nunha melodía breve, que pode ser tamén unha progresión de acordes ou mesmo un ritmo simple.
Os leitmotivs permítenlle ao compositor narrar unha historia sen utilizar palabras. O seu uso no mundo do cine está moi estendido e ahí podemos atopar exemplos moi sinxelos pero dunha efectividade abraiante. Ás veces con dúas notas é suficiente.
John Williams
C- LUDWING VAN BEETHOVEN: O SEPTIMINO.
Beethoven, Alemaña 1770-1827, foi un pianista, compositor e director de orquestra que destacou como un dos máis importantes e influíntes da historia da música.
Comezou moi novo no mundo da música da man do seu pai, que xa o vía como un neno especialmente dotado para a música.
Á
idade de 26 anos, comezou a perder audición para chegar a quedar
completamente xordo nos seus últimos anos de vida, pero esta
circunstancia non impedíu que Beethoven seguise coas súas composicións ata case o seu último alento.
As súas obras seguen a ser hoxe en día parte imprescindible de estudo para aqueles que queren estudiar música. Deixou un repertorio especialmente rico para piano, música de cámara e orquestra.
Xa que hoxe falamos dos instrumentos de corda e de Beethoven, escoitaremos, en silencio e con moita atención, esta obra que seguro coñeceredes: Septimino.
26 febreiro 2026
6º CURSO 2.6
23 - 27 DE FEBREIRO
Bo día !
A- PREGUNTAMOS O HIMNO DA ALEGRÍA.
B- CANTAMOS.
C- O CANON.
O canon é unha forma musical que se caracteriza pola existencia dunha primeira voz, o antecedente, que é imitada posteriormente por outra/s, o consecuente, que entra máis tarde facendo a mesma (ou similar) melodía.
Pachelbel compuxo un dos máis coñecidos. Poderedes escoitar unha versión deste canon, para piano e violín, máis abaixo.
24 febreiro 2026
COLABORACIÓN CO ROCKLAB PARA O
SALON DO LIBRO 2026
"NON TODO ESTÁ PERDIDO"
"MOVIN´ ON UP"
10 febreiro 2026
ENTROIDO 2026
A CAROLINA
(INFANTIL)
O VERDEGAIO
(1º CICLO)
O PIRIMPIMPIM
(2º CICLO)
SE CHOVE
(3º CICLO)
6º CURSO 2.5
9 - 13 FEBREIRO
Bo día !
A- REPASAMOS.
HIMNO DA ALEGRÍA.
B- CANTAMOS.
C- O CARÁCTER.
O carácter é a propiedade da música pola que afloran os sentimentos que nos provoca esta. Calquera obra musical provoca en nós unha reacción e esa reacción está determinada polo seu carácter. Deste xeito podemos chegar a sentir alegría, tristura, melancolía, excitación, medo...
O carácter dunha obra ven dado polo tempo, a intensidade, os contrastes na altura dos sons da melodía, o timbre dos instrumentos e a técnica de interpretación.
Agora prestade moita atención ao carácter desta obra de Rimski-Kórsakov(Rusia 1844) chamada O Voo do moscardón.
04 febreiro 2026
6º CURSO 2.4
2 - 6 FEBREIRO
Bo día !
En breve preguntarei o Himno da Alegría, non vos esquezades del.
A- COMPROBAMOS AS LIÑAS DIVISORIAS.
Comezamos facendo a colocación das liñas divisorias da última clase, logo marcaremos os acentos >e os pulsos I nesta partitura en 3/4
B- O MATIZ.
O matiz ou intensidade indica a forza coa que se ten que interpretar cada pasaxe dunha obra.
A intensidade sufre moitos cambios ao longo da interpretación da peza, conseguindo así proporcionarlle unha maior expresividade a esta.
Os cambios de intensidade fanse seguindo estas abreviaturas:
Tamén empregamos os reguladores para indicar os cambios graduais de intensidade:
C- AUDICIÓN.
Agora prestade moita atención aos cambios de matiz nesta obra de Richard Wagner, compositor alemán nado no ano 1813 e moi coñecido polas súas óperas. A obra que escoitaremos agora é a Cabalgata das Valquirias.