Amosando publicacións coa etiqueta 4º CURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4º CURSO. Amosar todas as publicacións

23 setembro 2026

 4º CURSO 1.2

21 - 25 SETEMBRO

 
Bo día !

A- CANTAMOS: ONDE LLE PUXO A MAN?

O primeiro que toca agora é repasar a canción acumulativa do último día. Tratade de aprendela de memoria pensando nas partes do corpo de arriba a abaixo, ese "truco" vaivos axudar a recordar toda a letra.

B- ÁRBORE DAS FIGURAS.

Agora queda por aquí a árbore das figuras que explicamos na clase. Nela poderedes ver a relación que existe entre a redonda, a branca, a negra e a corchea. Non vos esquezades de engadir o nome de cada figura e o seu valor na vosa árbore.

 

 

C- PARTES DUNHA NOTA.


Por último copiamos e recordamos as partes da corchea:

1- Corchete.

2- Plica.

3- Cabeza.


 

14 setembro 2026

 4º CURSO - 1.1

14 - 18 DE SETEMBRO

Bo día!
 

A- CANTAMOS: ONDE LLE PUXO A MAN ? 

 

B- A DURACIÓN DO SON.

A duración é unha das características que nos serven para clasificar os sons. Segundo a duración clasificamos os sons en curtos e longos.

Pensade, por exemplo, no ruído que fai un libro ao caer ao chan ou o que escoitamos cando soa o timbre para entrar na escola. Son igual de longos? Cal dura máis? Sen dúbida o timbre da escola é o que máis dura dos dous.

Pois ben, esa característica do son, é a que coñecemos por duración.

Na linguaxe musical a duración dos sons representámola coas figuras e, a cada unha, correspóndelle o seu silencio:
 

C- FRAUTA.

Agora toca repasar a posición das notas na frauta dende o Do ata o Dó.


Recordade a forma de colocar o corpo, de coller a frauta e de soprar:
 
1- Lombo dereitiño.
2- Man esquerda arriba co polgar no burato traseiro.
3- Man dereita abaixo co seu polgar nas raias.
4-Tapade os buratos coas xemas dos dedos sen premer demasiado neles.
5- Sopramos amodiño para que a frauta soe doce.
 
Se o son da frauta non é doce, seguramente será por tapar mal os buratos ou por soprar demasiado forte. Sede pacientes e practicade doce minutiños cada día.