Cando ao inicio da partitura atopamos un compás incompleto estamos diante dunha anacruse, polo tanto a peza comeza antes do primeiro tempo forte do compás.
B- A ORQUESTRA SINFÓNICA.
A colocación de cada instrumento na orquestra depende da sonoridade do mesmo. Os instrumentos con maior sonoridade están nos lugares máis afastados da dirección para non restarlle protagonismo aos demais.
A persoa que a dirixe ocupa un lugar central para poder ter no seu campo de visión a todos os instrumentistas, e estes a aquel, e poder ir así todos acompasados. Esta persoa usa normalmente unha vara lixeira, chamada batuta, para marcar o tempo da obra.
C- AUDICIÓN.
Agora imos escoitar unha peza do compositor español Isaac Albéniz. O nome desta obra é Córdoba.
O vídeo ten uha duración duns cinco minutos, espero que vos guste.
5º CURSO 1.5
14 - 16 OUTUBRO
Bo día !
A- FRAUTA.
B- PERCUSIÓN.
Agora collede as baquetas para repasar estes ritmos. Primeiro podemos tocalos pentagrama por pentagrama e logo, cando estean todos listos, facemos os catro dun tirón.
C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.
Podemos clasificar os instrumentos de percusión en dous tipos principais:
- Membranófonos.
- Idiófonos.
Os membranófonos: son aqueles instrumentos de percusión que emiten o seu son ao percutir nunha membrana que pode ser sintética ou de pel natural. Esta membrana podémola percutir coas mans ou cunhas baquetas.
Os idiófonos: son aqueles instrumentos de percusión que, ao contrario que os membranófonos, non teñen unha membrana na que percutir, é o seu corpo o que vibra para producir o son. Algúns tócanse con baquetas, outros axítanse e outros hainos que rascar.
4º CURSO 1.5
14 - 16 OUTUBRO
Bo día !
A- COPIAMOS NO CADERNO.
Queda
por aquí a partitura desta semana. Recordade preparar a
mochila do colexio a noite anterior comprobando ben o horario.
B- MÚSICA E ESPECTÁCULO.
A música está presente en moitas facetas da nosa vida. Escoitamos música cada día: camiñando pola rúa, cando imos no coche, cantamos na ducha, poñemos a nosa canción favorita cando celebramos un aniversario...
Podedes pensar nunha película que non inclúa nada de música?
Imaxinades unha festa sen música?
A música acompaña ao ser humano dende hai miles de anos e, dende aquela, non deixa de cambiar, unhas veces máis rápido e outras máis amodo.
En case calquera tipo de espectáculo que poidamos ver, a música vai estar presente en maior ou menor medida, e esa música vai facer que nos sintamos de mil maneiras distintas.
C- A IMPORTANCIA DA MÚSICA NO CINE.
Agora veremos unha escena de "Piratas do Caribe" na que aparece Jack Sparrow nun pequeno veleiro. Nesta escena, que se repite varias veces, notaredes tristeza, medo, ledicia ou afouteza segundo sexa a música en cada momento.
Picade sobre Mr. Sparrow para comprobar a maneira na que a música inflúe no noso estado de ánimo.
3º CURSO 1.5
14 - 16 OUTUBRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
B- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN DE PARCHE.
Os instrumentos de parche son aqueles que teñen unha membrana na que percutimos para facer algún ritmo. Esta membrana pode ser de pel natural (de ovella, de cabra...) ou sintética.
Nestes instrumentos podemos percutir coas mans ou cunhas baquetas.
C- AUDICIÓN.
Por último imos escoitar unha bonita peza do compositor Leroy Anderson: Jazz Pizzicato.
Primeiro escoitade a música e despois tratade de ir acompañando con palmas prestando atención ás negras (un golpe) e corcheas (dous golpes).
05 outubro 2026
6º CURSO 1.4
5 - 9 OUTUBRO
Bo día !
A- COPIAMOS NO CADERNO.
Cando ao inicio da partitura atopamos un compás incompleto estamos diante dunha anacruse, polo tanto a peza comeza antes do primeiro tempo forte do compás.
B- INSTRUMENTOS DA FAMILIA DE VENTO-MADEIRA
Cando piquedes na fotografía de abaixo, aparecerá unha presentación de slideshare cos instrumentos de vento-madeira. A medida que vaiamos pasando de diapositiva, irán aparecendo máis instrumentos con cadansúa información.
B- PERCUSIÓN.
Agora imos facer un exercicio de percusión simultaneando dous ou, si atendemos o suficiente, tres ritmos distintos.
Prestade moita atención !
5º CURSO 1.4
5 - 9 OUTUBRO
Bo día !
A- FRAUTA.
Comezamos repasando a partitura da última clase. O primeiro que faredes será comprobar no voso caderno si a tedes ben copiada, sen erros que vos leven a unha mala aprendizaxe.
B- MÚSICA E CINE: WEST SIDE STORY.
Hoxe preséntovos un fragmento do coñecido musical West Side Story.
Este musical estreouse no ano 1957 en New York onde acadou grande éxito, posteriormente foi levado ao cine no ano 1961, o
que lle deu fama internacional. O argumento conta, igual que en Romeo e
Xulieta, a historia dunha parella que se atopa con moitas dificultades
para levar adiante a súa relación, xa que ambos chocan coa
intolerancia dos seus respectivos amigos/as.
A música foi composta por Leonard Bernstein (fotografía de arriba) ao que lle concederon o Óscar á mellor banda sonora. Aquí abaixo queda un dos momentos estelares da película.
C- RITMO.
Por último, imos exercitar o oído. Picando nas corcheas iremos a
un enlace no que primeiro haberá que escoitar e logo completar os
ritmos previamente escoitados.
É un exercicio moi completo no que se traballa a memoria auditiva, a
atención e a linguaxe musical. Un choio, tres polo prezo dun !!
4º CURSO 1.4
5 - 9 OUTUBRO
Bo día !
A- RECORDAMOS A TÉCNICA DE FRAUTA.
Para comezar deixo por aquí as
indicacións para tocar a frauta. Copiádeas no voso caderno:
1- Regular o aire.
2- Tapar ben os buratos, pero sen apertalos.
3- Colocar ben o tronco, os brazos e as mans.
4- Expiramos o aire facendo "du".
B- REPASAMOS A PARTITURA DA ÚLTIMA CLASE.
C- A GAITA.
Agora veremos neste enlace unha presentación de SlideShare sobre o noso instrumento máis representativo, a gaita.