05 outubro 2026

6º CURSO 1.4

5 - 9 OUTUBRO


 Bo día !

 

A- COPIAMOS NO CADERNO.

 

Cando ao inicio da partitura atopamos un compás incompleto estamos diante dunha anacruse, polo tanto a peza comeza antes do primeiro tempo forte do compás.

B- INSTRUMENTOS DA FAMILIA DE VENTO-MADEIRA


Cando piquedes na fotografía de abaixo, aparecerá unha presentación de slideshare cos instrumentos de vento-madeira. A medida que vaiamos pasando de diapositiva, irán aparecendo máis instrumentos con cadansúa información.



https://es.slideshare.net/toxoblas/instrumentos-vento-madeira-presentation

B- PERCUSIÓN.

Agora imos facer un exercicio de percusión simultaneando dous ou, si atendemos o suficiente, tres ritmos distintos.
Prestade moita atención !

5º CURSO 1.4

5 - 9 OUTUBRO

 

Bo día !
 

A- FRAUTA.

Comezamos repasando a partitura da última clase.
O primeiro que faredes será comprobar no voso caderno si a tedes ben copiada, sen erros que vos leven a unha mala aprendizaxe.
 


  

B- MÚSICA E CINE: WEST SIDE STORY.

Hoxe preséntovos un fragmento do coñecido musical West Side Story.

Este musical estreouse no ano 1957 en New York onde acadou grande éxito, posteriormente foi levado ao cine no ano 1961, o que lle deu fama internacional. O argumento conta, igual que en Romeo e Xulieta, a historia dunha parella que se atopa con moitas dificultades para levar adiante a súa relación, xa que ambos chocan coa intolerancia dos seus respectivos amigos/as.




A música foi composta por Leonard Bernstein (fotografía de arriba) ao que lle concederon o Óscar á mellor banda sonora. Aquí abaixo queda un dos momentos estelares da película.
 


 C- RITMO.


Por último, imos exercitar o oído. Picando nas corcheas iremos a un enlace no que primeiro haberá que escoitar e logo completar os ritmos previamente escoitados.

É un exercicio moi completo no que se traballa a memoria auditiva, a atención e a linguaxe musical. Un choio, tres polo prezo dun !!

https://aprendomusica.com/const2/17ritmo4compases1/ritmo4compases1.html

 4º CURSO 1.4

5 - 9 OUTUBRO

 

Bo día !


A- RECORDAMOS A TÉCNICA DE FRAUTA.

Para comezar deixo por aquí as indicacións para tocar a frauta. Copiádeas no voso caderno:

1- Regular o aire.

2- Tapar ben os buratos, pero sen apertalos.

3- Colocar ben o tronco, os brazos e as mans.

4- Expiramos o aire facendo "du".


B- REPASAMOS A PARTITURA DA ÚLTIMA CLASE.



 

C- A GAITA.

Agora veremos neste enlace unha presentación de SlideShare sobre o noso instrumento máis representativo, a gaita.


https://es.slideshare.net/xistina/a-gaita-presentacion

 

3º CURSO 1.4
5 - 9 OUTUBRO

Bo día !

A- FRAUTA.


Para comezar comprobade si tedes ben copiada a partitura da última clase. Logo comezaremos a tocala prestando moita atención á duración de cada nota e tratando de evitar sons molestos.

 

B- PERCUSIÓN.

Agora sentaremos no chan formando dous grupos para facer ritmos con negras, corcheas, semicorcheas e silencios de negra.

 

C- AUDICIÓN.

Prestamos por último moita atención á audición que nos quedou sin facer o último día: Pedro e o Lobo, de Serguei Prokofiev.

Atentos aos diferentes instrumentos que saen e ás súas familias.