5º CURSO 1.10
25 - 29 NOVEMBRO
Bo día !
A- FRAUTA.
B- INSTRUMENTOS P.A.D.
Os instrumentos de percusión de altura determinada son aqueles que poden producir notas coas que interpretar melodías.
A diferencia cos instrumentos de altura indeterminada, radica en que nestes últimos só se poden producir ritmos, non melodías.
Uns emiten o seu son ao golpear unha peza de metal ou madeira coas baquetas e outros soan ao golpear unha membrana nunha das súas caras.
Na imaxe que segue podedes ver os instrumentos máis coñecidos desta familia.
C- AUDICIÓN: MÚSICA PROGRAMÁTICA OU DESCRITIVA.
A música descritiva é aquela que, como o seu nome indica, trata de describir musicalmente unha paisaxe, escena ou sentimento.
Dentro deste tipo de composición imos escoitar hoxe "A mañá", do músico noruegués Edvard Grieg, pertencente á súa obra "O retorno de Peer Gynt"