23 marzo 2026

 6º CURSO 2.9

23 - 27 MARZO


Bo día !


A- AUDICIÓN.

 
Hoxe toca falar das "Catro Estacións" de Vivaldi.
 
 
No enlace seguinte atoparedes o Inverno. O tema principal está a partires do minuto 3.50
 




B- INSTRUMENTOS DE VENTO.

Os instrumentos de vento, ou aerófonos, son aqueles que producen o seu son ao facer pasar unha corrente de aire por un tubo.

Este aire vibra dentro dese tubo para producir as diferentes notas, cuxa altura dependerá de diversos factores como a lonxitude do tubo ou a presión do aire en circulación.

Dentro desta gran familia podemos facer dous subgrupos:

- Vento madeira: de bisel, de lingüeta simple e  de lingüeta dobre.

- Vento metal.


Podemos incorporar un terceiro subgrupo a esta clasificación:

- Vento mecánico: órgano, acordeón.


C- MÚSICA E CINE.

Agora deixo aquí o vídeo de Rhapsody in Blue, de George Gershwing.




 5º CURSO 2.9

23 - 27 MARZO


Ola, bo día!

A- FRAUTA.

 
Hoxe toca comezar cunha partitura nova: "Na beira do mar"

Aquí a tedes a partitura da que só hai que tocar a primeira voz. Como xa sabedes, é moito máis efectivo practicar pouco tempo diariamente, que facer nun ou dous días unha chea de práctica.

Hoxe copiaredes os 17 primeiros compases (a razón de catro compases por pentagrama)

E recordade sempre: "A práctica fai ao mestre"




B- INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA.


Agora veremos unha presentación dos distintos instrumentos de vento-madeira. Pasaremos polas diferentes diapositivas para ver información de cada un deles.

fai click na imaxe.

https://es.slideshare.net/toxoblas/instrumentos-vento-madeira-presentation



C- AUDICIÓN: GRIEG, "A MAÑÁ"

Edvard Grieg, 1843-1907, foi un pianista e compositor noruegués. A súa obra máis coñecida é Peer Gynt, á que pertence a peza que escoitaremos hoxe: "A Mañá".


4º CURSO 2.9

23 - 27 MARZO

 
Bo día !


A- CANTAMOS.

 
A primeira actividade que faremos hoxe será cantar unha canción prestando especial atención a estes pasos:

  1- Escoitamos unha vez, e con atención, a canción.
  2- Lemos a letra atentamente e aclaramos o significado das palabras que non coñezamos.
  3- Aprendemos a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.



B- PARTITURA PARA FRAUTA.

 
Agora toca copiar esta partitura para frauta:
Cando a toquedes coa frauta recordade isto:

1- Espalda dereita.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos moi amodiño.
4- Non premades demasiado coas xemas dos dedos nos buratos. 
5- Recordade que para dosificar o aire tedes que simular a posición da sílaba "du" (pero sin emitir o seu son).
 
Premede na frauta para recordar as posicións das notas

C- VENTO-MADEIRA LINGÜETA SIMPLE: O CLARINETE.

O clarinete (o de Calamardo) é un instrumento de vento, en forma de tubo e feito xeralmente de madeira de ébano. É de lingüeta simple e ten varios buratos e chaves.
 
É utilizado en diversos estilos de música. Entre eles están: a música sinfónica, a de cámara, o jazz e a música folk.
 
É un instrumento moi versátil.
Resultado de imagen de clarineteResultado de imagen de calamardo tocando el clarinete

Agora escoitade este vídeo de 5 minutos no que aparece un cuarteto de clarinetes interpretando o Canon de Pachelbel.

3º CURSO 2.9

23 - 27 MARZO


Bo día !

A- CANTAMOS.

 
A primeira actividade que faremos hoxe será cantar unha canción prestando especial atención a estes pasos:

   1- Escoito unha vez, con atención, a canción.
   2- Lemos a letra atentamente e aclaramos o significado das palabras que non coñezamos.
  3- Aprendemos a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.



B- FRAUTA.

 
Agora toca copiar no caderno e logo practicar coa vosa frauta esta partitura: "O diálogo"

Recordade coidar os seguintes aspectos cando toquedes a frauta:

    1- Espalda dereita.
    2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
    3- Sopramos moi amodiño.
    4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.
 

C- PERCUSIÓN.

Por último faremos un pouco de lectura rímica e percusión.


 

2º CURSO 2.9

23 - 27 MARZO

 

Bo día !


A- PERCUSIÓN. 


B- LINGUAXE MUSICAL.

Agora imos completar compases no noso caderno con:

Completaremos dous pentagramas de catro compases en dous por catro.

 

C- AUDICIÓN: A MÁQUINA DE ESCRIBIR.

Agora toca escoitar esta obra do músico estadounidense Leroy Anderson. 

 

Veremos, e escoitaremos, tres vídeos distintos pero que comparten a mesma música.



 

 

1º CURSO 2.9

23 - 27 MARZO

Bo día !


A- PERCUSIÓN.

IMOS REPARTIR LATAS E CUBOS PARA SEGUIR COA PERCUSIÓN QUE FIXEMOS O ÚLTIMO DÍA.


B- LINGUAXE MUSICAL.

AGORA XOGAREMOS COAS CINCO LIÑAS E OS CATRO ESPAZOS DO PENTAGRAMA.

PICAMOS NO PENTAGRAMA.



C- CANTAMOS: CHOCOLATA.


RECORDADE QUE CANTAR E BERRAR NON SON A MESMA COUSA. COIDADE A VOSA VOZ, XA QUE TEN QUE DURAR MOITOS ANOS.



10 marzo 2026

 6º CURSO 2.8

9 - 13 MARZO

 

Bo día !

A- PERCUSIÓN. 

Comezamos a clase collendo as baquetas para facer un pouco de percusión.


B- OS INTERVALOS.

Un intervalo é a distancia que hai entre dúas notas. Esta distancia medímola en tons ou semitóns. Mirade a escala de do M.

Os intervalos poden ser:

Ascendentes (van dunha nota grave a unha aguda) ou descendentes (agudo a grave).

Tamén poden ser de: segunda, terceira, cuarta...

Simples, cando non exceden da oitava, ou compostos, cando a superan).

Agora analizaremos estes:

 

C- AUDICIÓN: CAMILE SAINT-SAËNS.

Hoxe toca falar de Saint-Saëns e a súa Danza Macabra.
 
Camile Saint-Saëns, Francia 1835-1921, foi un compositor, director de orquestra e pianista fundamental na modernización da música francesa.
 
No ano 1874 compuxo a súa Danza Macabra. Con este poema sinfónico, Saint-Saëns describe á morte que sae a tocar o violín á medianoite. Os esqueletos saen a bailar arredor das súas tumbas e volven desaparecer ao amencer co canto do galo.

 

5º CURSO 2.8

9 - 13 MARZO

Bo día !


A- AGRUPACIÓNS MUSICAIS QUE TEMOS EN GALICIA.

Grupo tradicional: está formado por gaita, pandeireta, tamboril e bombo. Tradicionalmente amenizaban os días de festa nas aldeas e nas vilas de Galicia tocando polas súas rúas. O seu repertorio inclúe, entre outras: alboradas, muiñeiras, pasacorredoiras e xotas.

Grupo folk: ten a súa base na música tradicional pero aderezado con harmonías e instrumentos doutras culturas como: bodhrán, tin whistle, violín, zanfona ou buzuki.

Banda de gaitas: son agrupacións musicais nas que, como o seu nome indica, a gaita é a auténtica protagonista, aínda que soen ir acompañadas dunha sección de percusión. A Banda de Gaitas de Cea, en Ourense, é unha das máis premiadas de Galicia.

Pandereteiras: son agupacións nas que se tocan simultaneamente as pandeiretas e a voz.

Coral: a coral está formada por voces. As voces máis representativas dunha coral son: sopranos, contraltos tenores e baixos.

 

B- AUDICIÓN: PASACORREDOIRAS DE ARNOIA.

Xa que falamos hoxe das agrupacións galegas escoitaremos este bonito pasacorredoiras. O pasacorredoiras é unha composición en 2/4 moi representativa do noso folclore, que se tocaba polas rúas e os camiños nos días de festa para animar as aldeas e vilas.


C- PERCUSIÓN.

Rematamos a clase collendo as baquetas para facer un pouco de percusión.

3º CURSO 2.8

9 - 13 MARZO


Bo día !


A- PERCUSIÓN.

Para comezar faremos tres grupos de percusión con caldeiros, latas e pandeiros.

 

B- FRAUTA.

Agora repasaremos as posicións das notas collendo a nosa frauta e premendo na seguinte imaxe.

Durante a práctica coa frauta recordade:

1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"

 

C- AUDICIÓN: O SOMBREIRO DE TRES PICOS.

Rematamos a clase de hoxe con este ballet do compositor español Manuel de falla. Como curiosidade, dicir que a súa imaxe aparecía no billete de 100 pesetas do ano 1970 (60 céntimos de hoxe en día).

 

4º CURSO 2.8

9 - 13 MARZO

 

Bo día !


A- PERCUSIÓN.

Comezamos a clase de hoxe collendo as baquetas para facer un pouco de percusión.


B- PRÁCTICA DO EXERCICIO PARA FRAUTA.

Recordade sempre a forma de colocar o corpo, de coller a frauta e de soprar:

 
1- Lombo dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4-Tapade os buratos coas xemas dos dedos sen premer demasiado neles.
5- Sopramos amodiño (du) para que a frauta soe doce.

C- LINGUAXE MUSICAL.

Agora toca clicar nas semicorcheas para practicar a lectura rímica.


2º CURSO 2.8

9 - 13 MARZO

 

Bo día !


A- LINGUAXE MUSICAL.

Comezamos completando compases na pizarra con:

Completaremos dous pentagramas de catro compases en dous por catro, pero non o faremos nun pentagrama convencional. Farémolo nunha liña xa que hoxe traballamos con ritmos e non con melodías.


B- PERCUSIÓN.

Agora tocaremos con instrumentos de percusión algúns ritmos coas figuras e silencios que acabamos de explicar.

C- AUDICIÓN: A MÁQUINA DE ESCRIBIR.

Agora toca escoitar esta obra do músico estadounidense Leroy Anderson. 

 

Veremos, e escoitaremos, tres vídeos distintos pero que comparten a mesma música.




 

1º CURSO 2.8

9 - 13 MARZO

Bo día !


A- CANTAMOS.

REPASAMOS A CANCIÓN DO ÚLTIMO DÍA:

"Fun ao mercado" de María Fumaça.
 
 






B- LIÑAS E ESPAZOS.

NESTA ACTIVIDADE XOGAREMOS COAS CINCO LIÑAS E OS CATRO ESPAZOS DO PENTAGRAMA.

PICAMOS NO PENTAGRAMA.



C- PERCUSIÓN.

POR ÚLTIMO IMOS REPARTIR LATAS E CUBOS PARA FACER PERCUSIÓN.

02 marzo 2026

 6º CURSO 2.7

2 - 6 MARZO

 

Bo día !

PREGUNTAMOS


A- OS INSTRUMENTOS DE CORDA.

Os instrumentos de corda, ou cordófonos, son instrumentos musicais que producen sons por medio das vibracións dunha ou máis cordas que están situadas entre dous puntos do instrumento. Estes sons pasan por unha caixa de resonancia cando as cordas son punteadas, percutidas ou fretadas.

Dentro desta familia podemos distinguir tres grupos:
 
1- Corda fretada.
2- Corda punteada.
3- Corda percutida.


B- O LEITMOTIV E O CINE.

Na música, o leitmotiv é o motivo ou tema que se repite con frecuencia nunha obra musical asociado a determinados personaxes ou situacións, e que axuda a caracterizalos. Seguro que coñecedes aos distintos personaxes do seguinte vídeo escoitando cada tema.

Serguei Prokofiev
 
 
 
Un leitmotiv consiste habitualmente nunha melodía breve, que pode ser tamén unha progresión de acordes ou mesmo un ritmo simple.
 
Os leitmotivs permítenlle ao compositor narrar unha historia sen utilizar palabras. O seu uso no mundo do cine está moi estendido e ahí podemos atopar exemplos moi sinxelos pero dunha efectividade abraiante. Ás veces con dúas notas é suficiente.

 John Williams


C- LUDWING VAN BEETHOVEN: O SEPTIMINO.

Beethoven, Alemaña 1770-1827, foi un pianista, compositor e director de orquestra que destacou como un dos máis importantes e influíntes da historia da música.
 
 
Comezou moi novo no mundo da música da man do seu pai, que xa o vía como un neno especialmente dotado para a música.

Á idade de 26 anos, comezou a perder audición para chegar a quedar completamente xordo nos seus últimos anos de vida, pero esta circunstancia non impedíu que Beethoven seguise coas súas composicións ata case o seu último alento.

As súas obras seguen a ser hoxe en día parte imprescindible de estudo para aqueles que queren estudiar música. Deixou un repertorio especialmente rico para piano, música de cámara e orquestra.

Xa que hoxe falamos dos instrumentos de corda e de Beethoven, escoitaremos, en silencio e con moita atención, esta obra que seguro coñeceredes: Septimino.



5º CURSO 2.7

2 - 6 FEBREIRO

 

Bo día!

PREGUNTAMOS

A- PERCUSIÓN.

Hoxe comezamos cun pouco de percusión.

Esta partitura está escrita en tres por catro (compás ternario). Teremos que marcar con máis forza á primeira parte de cada compás e facer con menos forza a segunda e a terceira.

Primeiro analizamos cada compás, logo lemos e, por último, percutimos coas baquetas.

Atención aos contratempos (notas en parte débil precedidas por un silencio) dos compases 9 e 13 !!

 

B- CORDA PUNTEADA: A GUITARRA.

A guitarra é un instrumento de corda punteada. Ten seis cordas que se accionan pola acción dos dedos, das unllas ou dunha puga.

A guitarra que coñecemos hoxe en día é un invento español desenvolto a partires do século XVI. Xurdíu como unha evolución do laúde introducido previamente polos árabes na Península Ibérica.


Este invento viaxou a América en mans dos colonizadores europeos e, pasado o tempo, foi electrificado nos EEUU no século XX, orixinando así o nacemento da guitarra eléctrica que  tan extendida está hoxe en moitos estilos musicais. Este tipo de guitarras precisan dun amplificador para soar.


 

C- AUDICIÓN: A GUITARRA.

Agora escoitaremos as dúas guitarras, en dous estilos moi diferentes, nestes enlaces que quedan por aquí abaixo. Os guitarristas son Andrés Segovia e B.B. King.

 



4º CURSO 2.7

2 - 6 MARZO

 

Bo día !

 

A- EXERCICIO PARA FRAUTA.

Antes de comezar con este exercicio, recordade a forma de colocar o corpo, de coller a frauta e de soprar:

 
1- Lombo dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4-Tapade os buratos coas xemas dos dedos sen premer demasiado neles.
5- Sopramos amodiño (du) para que a frauta soe doce.


B- OS ESTILOS MUSICAIS EN GALICIA.

Agora imos falar dalgúns dos estilos musicais que podemos atopar sen saír de Galicia. Picade nos enlaces en azul para escoitar cada estilo.

Música tradicional: é a propia de Galicia e a que mellor expresa o noso carácter. Utiliza instrumentos como a gaita, a pandeireta, o tamboril e o bombo. Foi transmitida oralmente durante anos de xeración en xeración.

MUIÑEIRA DE CHANTADA

Música clásica: é a que podemos escoitar nas orquestras sinfónicas ou nos grupos de cámara. Require dunha formación moi específica no instrumentista e as súas formas son moi elaboradas: sonatas, concertos...

ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

Folk: combina a música tradicional con instrumentos e músicas doutros países. Ademáis dos instrumentos tradicionais galegos aparecen a guitarra acústica, o saxofón, o violín, o buzuki, o tin whistle...

BERROGÜETO


Jazz: Naceu no sur dos EEUU entre os descendentes dos escravos traídos de África. O máis característico deste estilo é a capacidade de improvisación que se necesita para poder tocar en grupo, xa que moitas veces non hai partitura.

ABE RÁBADE TRÍO

Blues: ao igual que o jazz, ten a súa orixe nos EEUU. Naceu dos cantos relixiosos e dos cantos de traballo dos escravos levados dende África ata América. Trata de espresar un sentimento xeralmente de tristura ou melancolía (a palabra "blue" en inglés significa triste).

MIKI NERVIO & THE BLUES MAKERS

 

C- AUDICIÓN.

Hoxe escoitaremos o Paseo en Zorra do músico estadounidense Leroy Anderson.

Collede as vosas baquetas para acompañar esta audición seguindo as indicacións do vídeo. Recordade o importante que é manter toda a atención enfocada na tarefa.