Esta partitura está escrita en tres por catro (compás ternario). Teremos que marcar con máis forza á primeira parte de cada compás e facer con menos forza a segunda e a terceira.
Primeiro analizamos cada compás, logo lemos e, por último, percutimos coas baquetas.
Atención aos contratempos (notas en parte débil precedidas por un silencio) dos compases 9 e 13 !!
B- CORDA PUNTEADA: A GUITARRA.
A guitarra é un instrumento de corda punteada. Ten seis cordas que se accionan pola acción dos dedos, das unllas ou dunha puga.
A guitarra que coñecemos hoxe en día é un invento español desenvolto a partires do século XVI. Xurdíu como unha evolución do laúde introducido previamente polos árabes na Península Ibérica.
Este invento viaxou a América en mans dos colonizadores europeos e, pasado o tempo, foi electrificado nos EEUU no século XX, orixinando así o nacemento da guitarra eléctrica que tan extendida está hoxe en moitos estilos musicais. Este tipo de guitarras precisan dun amplificador para soar.
C- AUDICIÓN: A GUITARRA.
Agora escoitaremos as dúas guitarras, en dous estilos moi diferentes, nestes enlaces que quedan por aquí abaixo. Os guitarristas son Andrés Segovia e B.B. King.