3º CURSO 1.10
25 - 29 NOVEMBRO
Bo día !!
A - AS NOTAS FA E MI.
Hoxe temos por aquí dúas notas novas da frauta: Fa e Mi.
Antes de nada lembrade como temos que coller a frauta:
1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"
Non vos esquezades de soprar suavemente para que a frauta soe sempre moi doce.
B - COPIAMOS A PARTITURA.
Comezamos cunha partitura de catro notas: la, sol, fa, mi. Repartide cada pentagrama en catro compases IGUAIS medindo o espazo cos dedos. Ao final pechamos a partitura coa dobre barra.
C- A PERCUSIÓN NA ORQUESTRA.
Agora temos aquí un pequeno vídeo dos percusionistas dunha orquestra sinfónica. Nel poderedes ver os momentos previos á interpretación no escenario, a afinación de cada timbal, os pratos, a marimba, pandeireta, caixa, triángulo, bombo...
Espero que o desfrutedes.