6º CURSO 1.1
16 - 20 DE SETEMBRO
Bo día !
A- CANTAMOS.
A canción coa que comezamos o ano é: "A saia da Carolina".
A música tradicional chegou aos nosos días pasando de xeración en xeración por
medio da transmisión oral. Pensade que todos os dispositivos de
gravación que temos hoxe en día non existían hai anos, logo a única
forma de que estas cancións chegasen aos nosos días era a través da
fala.
B- COPIAMOS A SEGUINTE PARTITURA NO CADERNO.
Prestade moita atención á liña ou espazo no que está colocada cada figura para evitar copiar, e tocar, notas incorrectas.
C- FRAUTA.
Unha vez a teñades ben copiada, pasade a practicar esa melodía coa frauta. Aqueles que teñades algunha dúbida sobre a posición dalgunha nota, picade na frauta e logo ide a "notas más comunes" para refrescar a memoria.