25 setembro 2024

6º CURSO 1.2

23 - 27 SETEMBRO

 
Bo día !
 
 

A- FRAUTA

B- O VALOR DAS FIGURAS E OS COMPASES.

A continuación aparecen catro pentagramas coas mesmas notas pero repartidas de diferente xeito:
 
- No primeiro aparecen as notas sen liñas divisorias.
- No segundo aparecen esas notas repartidas en 6 compases.
- No terceiro as mesmas notas repártense en 4 compases.
- No cuarto o reparto faise en 3 compases.
 
É correcto o reparto en todos, en algún ou en ningún pentagrama? Cal é a razón?
 
Para atopar a resposta analizade o que sabedes dos compases de 2/4, 3/4 e 4/4 e a súa relación con dous conceptos moi importantes:
 
1- A figura únidade de tempo.
2- A figura unidade de compás.


 

C- O SON E OS SEUS PARÁMETROS: ALTURA, DURACIÓN, INTENSIDADE E TIMBRE

O son é básicamente unha sensación producida por unha vibración.

Esta vibración viaxa en forma de ondas, que se expanden coma as ondas formadas por unha pedra que cae nunha lagoa. As ondas rebotan cando atopan un obstáculo na súa traxectoria ao igual que rebotaría unha bóla de billar ao chocar coas bandas. Logo esta vibración, que viaxa polo aire a uns 340 metros por segundo, chega ao noso oído e este, a través do nervio auditivo, envía ese sinal ao cerebro, que é o que finalmente "interpreta" ese son.

Os parámetros do son son catro:

1- Altura:

No tocante á altura podemos clasificar os sons en graves e agudos. Na linguaxe musical a altura podémola representar colocando as notas no pentagrama, ben sexa nas liñas ou nos espazos. Cando máis arriba estea a nota máis aguda será esta, e canto máis abaixo estea máis grave será. Na clave de sol, as notas quedarían logo da seguinte maneira:
2- Duración:
 
Segundo a súa duración podemos clasificar os sons en longos ou curtos. A representación de sons de diferentes duracións conseguímolo na linguaxe musical grazas ás figuras. Como sabedes cada figura, así como cada silencio, ten unha duración determinada que podemos establecer da seguinte maneira:
 

 3- Intensidade:

 A intensidade é a cualidade que nos permite clasificar os ons en fortes ou débiles, pasando por unha grandísima variedade de puntos intermedios. Na linguaxe musical temos unha chea de matices para indicar a forza coa que temos que tocar cada nota, como por exemplo:

4- Timbre:

O timbre é a característica do son que nos permite recoñecer a fonte sonora, isto é, o que está a soar. Grazas a el podemos recoñecer a persoa que está falando, o instrumento que está soando ou as chaves que caen ao chan, incluso cos ollos pechados, como fixemos na clase. O timbre dos instrumentos depende, entre outras cousas, do material do que estean feitos e do seu tamaño.