03 maio 2026

1º CURSO 3.5

4 - 8 MAIO

 
Bo día !
 

A- MAIOS.




B- PRACTICAMOS RITMOS.


Agora faremos click na clave de sol, esa que sabedes facer tan ben, e iremos á páxina para practicar ritmos con negras (ta), corcheas (titi), e silencios de negra (shh). Escoitade cada ritmo con atención e logo tratade de descubrir as figuras que soan.

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

C- MÚSICA E CINE.

Na película de hoxe temos ao noso amigo Ethan e ás personaxes de Melody Street tocando a Marcha Turca. Violín, trompeta, caixa, frauta e trompa van aparecendo polo escenario tocando esta fermosa melodía de Mozart.