3º CURSO 3.7
18 - 22 MAIO
Bo día !
A- FRAUTA.
Hoxe queda por aquí un vídeo que vos servirá para practicar a canción de frauta do mes de maio. Nela aparecían dúas notas novas: do e re.
B- CANTAMOS.
Repasamos a canción do último día : "Imos xogar".
C- VENTO-MADEIRA LINGÜETA SIMPLE: O CLARINETE.
O clarinete de Calamardo é un instrumento de vento, en forma
de tubo e feito de madeira de ébano. Ten unha lingüeta
simple e varios buratos e chaves.
É moi utilizado nas bandas de música, orquestras e bandas de jazz e folk.

Agora escoitade estes dous vídeos, de dous e un minuto, nos que poderemos ver ao clarinete en acción.


