4º CURSO 3.5
2 - 6 XUÑO
Bo día !
PREGUNTO : A FEIRA
A- CANTAMOS.
Repasamos a canción do último día:
B- FRAUTA.
Comezamos o novo mes copiando unha nova partitura: "O
pallaso".
Teremos que comezar coma sempre, amodiño e por partes.
Programaremos o estudo por pentagramas e as indicacións técnicas
serán as de sempre: colocación das mans, respiración, postura corporal...
Tocando eses 12 minutos de luns a venres logo vos facedes con ela. Se tedes dúbidas coa posición dalgunha nota, picade na frauta para buscar no enlace.
Tocando eses 12 minutos de luns a venres logo vos facedes con ela. Se tedes dúbidas coa posición dalgunha nota, picade na frauta para buscar no enlace.
C- VENTO-MADEIRA CON LINGÜETA DOBRE.
Dentro deste grupo de instrumentos atopamos os seguintes:
O óboe, é un instrumento formado por un tubo de madeira con buratos e chaves. No extremo superior leva o tudel coa dobre lingüeta e no inferior leva a campá.
O corno inglés, é un óboe co timbre máis grave. A súa campá ten forma de bulbo e tamén ten chaves. O tudel está lixeiramente curvado.
O fagot e o contrafagot son os máis longos, e graves, desta familia e comparten algunhas características cos dous instrumentos anteriores.
Agora para rematar acompañaremos a este trío de dobre lingüeta coas baquetas.