4º CURSO 3.3
19 - 23 MAIO
Bo día !
A próxima semana pregunto "A feira"
A- FRAUTA.
"A feira".
B- VENTO-MADEIRA CON LINGÜETA SIMPLE: SAXOFÓN.
Hai dúas semanas falamos dos instrumentos de vento-madeira con bisel. Hoxe seguiremos falando doutra parte da familia de vento, os de lingüeta simple: o saxofón.
É un instrumento de vento, formado por un tubo de metal con forma de "U", que tivo un papel moi importante no desenvolvemento do jazz, aínda que tamén se usa en bandas de música e grupos de pop e rock.
Dicimos que este instrumento pertence ao grupo de lingüeta simple, porque na súa embocadura ten unha cana que vibra ao pasar o aire.
Picade na imaxe e escoitade con atención !
C- AUDICIÓN: OS BEATLES.
Remataremos a clase de hoxe escoitando "Here comes the sun", un clásico dos Beatles moi apropiado para esta época do ano:
¿Sabedes a razón?