12 maio 2026

2º CURSO 3.6

11 - 15 MAIO


Bo día !
 

A- CANTAMOS.

Comezamos a clase cunha nova canción: "A Princesa do Caurel".

Esta é unha canción acumulativa, é dicir, vai aumentando a cantidade de información a medida que a canción avanza, a ver se sodes quen de aprendela toda. Un truco para conseguilo pode ser ir recordando as palabras máis importantes de cada parte:

 

               1- Pano.                               6- Lume.
               2- Pega.                               7- Auga.
               3- Gato.                                8- Cabra.
               4- Can.                                 9- Chivo.
               5- Pau.                                10- Anel.




B- INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA: O ÓBOE.

A semana pasada falamos do clarinete e hoxe toca falar do seu amigo o óboe.
 
O óboe forma parte da familia de vento-madeira. Tócase soprando pola embocadura onde ten unha dobre lingüeta de madeira. Para facer soar as notas ten unhas chaves que tapan e destapan os seus buratos.

A parte máis ancha, que amplifica o seu son, é a campá.
 
              


 

C- MÚSICA E ANIMACIÓN.

Nesta ocasión temos aquí unha vella película de animación dos anos 60. Nela facemos unha visita a unha academia de música moi peculiar na que podemos escoitar todo tipo de instrumentos, uns máis reais que outros, interpretando varios estilos de música: clásica, folk, militar... todas ao compás do metrónomo.