5º CURSO 3.4
26 - 30 MAIO
Bo día !
A- PREGUNTO: NA BEIRA DO MAR.
B- CANTAMOS.
Hoxe cantaremos unha
canción do rei da sabana, o león. Aquí temos a letra e un vídeo desta
canción, de orixe zulú, que seguro escoitastes algunha que outra vez.
C- FRAUTA.
Esta nova partitura vai ser moi, moi, sinxela. O compás é un 3/4 sen
alteracións, con negras, brancas e un tempo moi lento; prestade
especial atención ás ligaduras. Aproveitaremos os descansos da melodía
para marcar catro partes ben diferenciadas no o seu estudo:
1ª- Compases 1, 2, 3 e 4
2ª- Compases 5, 6, 7 e 8
3ª- Compases 9, 10, 11, 12, 13 e 14
4ª- Compases 15, 16, 17, 18 e 19

No enlace seguinte tedes un titorial da partitura. A única
diferencia coa partitura de arriba está no ¿...? compás.
Se buscades pola rede poderedes ver máis información desta peza e varios exemplos en diferentes estilos.
Aquí tedes un exemplo con Simon & Garfunkel.
Outro exemplo con Hayley Westenra