5º CURSO 3.8
25 - 29 MAIO
Bo día !
PREGUNTO FRAUTA
A- FRAUTA.
Comezamos coa práctica da partitura para frauta.
No enlace seguinte tedes un titorial da partitura. A única
diferencia coa partitura de arriba está no ¿...? compás.
Se buscades pola rede poderedes ver máis información desta peza e varios exemplos en diferentes estilos.
Aquí tedes un exemplo con Simon & Garfunkel.
Outro exemplo con Hayley Westenra
B- COMPÁS DE SEIS POR OITO.
O compás de 6/8 é un compás binario de subdivisión ternaria, ten, polo tanto, dúas partes ou tempos e cada unha destas partes podémola subdividir en tres.
A figura unidade de tempo é a negra con puntillo.
A figura unidade de compás é a branca con puntillo.
C- AUDICIÓN: BOLERO DE RAVEL.
De seguido poderedes escoitar o Bolero de Ravel. Nesta
obra poderedes escoitar un tema que se repite pero que vai gañando en
intensidade a medida que avanza a obra, comezando dun xeito moi sutil e
rematando atronadoramente. É un ostinato que se repite unha e outra vez facendo un crescendo memorable. Espero que vos guste.
