31 maio 2026

5º CURSO 3.9

1 - 5 XUÑO

 
Bo día !
 

A- FRAUTA.


Comezamos coa prática da última partitura.


DANDO LA NOTA... MUSICAL: LA FERIA DE SCARBOROUGH

No enlace seguinte tedes o titorial, pero recordade a diferencia co 3º compás.



B- O JAZZ.


O jazz é un xénero musical nado no sur dos EEUU a principios do século pasado. É un estilo de música que require unha gran capacidade de improvisación, é dicir, adoita tocarse sen partitura.
Pode interpretarse en diferentes agrupacións: dúos, tríos, quintetos, big-bands...
 
Unha big-band adoita estar formada por instrumentos de vento-madeira, vento-metal, batería, contrabaixo, piano e voz, aínda que ás veces podemos atopar a guitarra, o violín ou o banjo.
 

 

C- O ROCK EN GALICIA.


En Galicia, durante os anos setenta, oitenta e noventa, aconteceu a consolidación dunha crecente cantidade de grupos de rock.

Todo elo orixinou unha onda musical, a movida viguesa, que cambiaría o panorama musical galego para sempre.

Daquela xurdiron grupos como: Os Suaves, Siniestro Total, Os Resentidos... que posteriormente darían lugar a outros movementos como o rock bravú ou o hip hop galego.