2º CURSO 3.3
19 - 23 MAIO
Bo día !
A- CANTAMOS.
Hoxe temos aquí outra canción de Migallas: "Miña abuela Manuela". O xeito de traballar a canción será, coma sempre, seguindo estes catro pasos:
1- Escoito a canción unha vez.
2- Leo a letra da canción un par de veces, sen música, tomando boa nota das estrofas e do retrouso.
3- Canto a canción ao tempo que soa a música.
4- Invento algúns movementos co corpo para escenificala.
4- Invento algúns movementos co corpo para escenificala.
B- TRABALLO NO CADERNO.
Agora
toca traballar un pouco no caderno, que o temos un pouco esquecido.
Collede o voso caderno e un lapis e copiade esta pequena partitura.
Recordade os pasos:
1- Facemos a clave de sol.
2- Facemos as liñas divisorias dereitiñas e "medindo o espazo cos dedos".
3- Comprobamos ter catro compases en cada pentagrama.
Cando teñades a canción copiada no caderno inventaremos unha
letra para a melodía.
C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.
Hoxe temos un pequeno vídeo que nos sirve como repaso dalgúns
instrumentos de percusión. A ver se sodes quen de recordar cantos deles
podemos atopar na nosa aula do colexio.