2º CURSO 3.2
12 - 16 MAIO
Bo día !
A- CANTAREIRAS.
Este ano adicamos o día das Letras Galegas ás cantareiras. Estas mulleres preservaron o galego coas súas cantigas, que foron transmitindo de nais a fillas ao longo dos anos.
Neste vídeo podemos escoitar a Pandeirada de Mens.
As Tanxugueiras que foron a Eurovisión son as herdeiras desta tradición.
Este ano adicamos o día das Letras Galegas ás cantareiras. Estas mulleres preservaron o galego coas súas cantigas, que foron transmitindo de nais a fillas ao longo dos anos.
Neste vídeo podemos escoitar a Pandeirada de Mens.
B- LINGUAXE MUSICAL.
Agora iremos ao enlace a practicar dúas cousas moi importantes: a
colocación das notas no pentagrama e máis a lectura de ritmos.
Para practicar a colocación das notas picamos na clave de sol. Aparecerá un menú de tres opcións:
Ler.
Escribir
Escoitar
É un fragmento da longametraxe na que escoitaremos a peza "El aprendiz de Brujo" de Paul Dukas. Nel poderemos ver o resultado que ten ás veces non seguir as indicación dos maiores, sexan pais, nais, mestras, mestres ou... bruxos.
Para practicar a colocación das notas picamos na clave de sol. Aparecerá un menú de tres opcións:
Ler.
Escribir
Escoitar
Para practicar os ritmos picamos nas corcheas.
C- MÚSICA E CINE: "FANTASÍA"
Agora, para rematar, queda aquí abaixo un enlace á película "Fantasía" de Disney.É un fragmento da longametraxe na que escoitaremos a peza "El aprendiz de Brujo" de Paul Dukas. Nel poderemos ver o resultado que ten ás veces non seguir as indicación dos maiores, sexan pais, nais, mestras, mestres ou... bruxos.