26 maio 2025

1º CURSO 3.4

26 - 30 MAIO

 
Bo día !

A- CANTAMOS.

Comezamos unha nova canción: "A vaca Marela". Seguro que a recordades de Infantil.

Antes de poñer o vídeo leremos a letra para ver se coñecedes tódalas palabras que aparecen. Logo inventaremos algúns movementos para facer coa canción.

Coidade a vosa voz ao cantar, facédeo prestando moita atención á música e non berredes.
 


B- AS NOTAS NO PENTAGRAMA.

Agora colleremos o caderno para rematar os dous pentagramas do outro día, coas notas que nos diga o xogo da clave de sol.
 

C- XOGAMOS CO RITMO.

Imos xogar agora con estas figuras e silencios:
 
 
 
     Negra

 
       Silencio de negra

 
  
Dobre corchea
 
 
 
Primeiro leremos os ritmos e logo faremos percusión corporal con eles.