31 maio 2026

1º CURSO 3.9

1 - 5 XUÑO

 
Bo día !
 

A- CANTAMOS.

Toca repasar algunhas das cancións que cantamos ao longo das últimas clases:

- Fun ao mercado.

- Radio Bulebule.

- O galo canta.

- A vaca marela.


B- LINGUAXE MUSICAL.


Chegou o momento de darlle duro á colocación das notas no pentagrama. Tedes que picar na clave de sol e logo chegades a un lugar onde aparecen tres opcións: ler, escribir e escoitar. Podedes xogar coas tres opcións, pero a de escoitar necesita que lle prestedes un pouco máis de atención.

https://aprendomusica.com/const2/20aprendonotasnivel3/aprendonotasnivel3.html


C- MEMORY DOS INSTRUMENTOS.

 

Agora xogaremos a facer parellas de instrumentos picando na pandeireta.