4º CURSO 3.4
26 - 30 MAIO
Bo día !
PREGUNTO : A FEIRA
A- CANTAMOS: "Eu teño alguén"
A canción de hoxe será familiar para vós xa que a temos cantado
algunha vez na escola. A ver se sodes quen de recordar cada xesto que
faciamos cando a cantabamos todos xuntos.
É moi importante que non esquezades que cantar e berrar non son sinónimos. Temos que coidar a nosa voz, non temos outra!

B- LINGUAXE MUSICAL.
Nas seguintes partituras falta a fórmula de compás. Prestamos moita atención para razoar a resposta:
C- MUSICA E CINE.
Para rematar a clase de hoxe, temos un vídeo dunha orquestra
interpretando un tema que de seguro coñecedes. O tema é da saga de Indiana Jones, o home que nunca perdeu o chapeu, e o seu compositor é o coñecido John Williams,
ese músico do que temos unha "escultura" na nosa aula.
A ver de sodes
capaces de descubrir outras obras coñecidas deste compositor,
investigade pola rede a ver que atopades.