26 maio 2026

1º CURSO 3.8

25 - 29 MAIO

 
Bo día !
 

A- CANTAMOS.


Seguimos coa "Vaca Marela". 

Recordade os movementos para facer coa canción. 

Coidade a voz ao cantar.

Prestade atención á música e non berredes.

 
 

B- XOGAMOS CO RITMO.

 

Agora  toca practicar ritmos. Picade nestas corcheas e logo facede, con negras e silencios de negra, os ritmos que nos vai indicando o xogo.

https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html 

Seguimos cos ecos rítmicos. Eu farei un ritmo co meu corpo e vós teredes que repetilo.
 
¡ Prestade moita atención !
 

C- MÚSICA E CINE DE ANIMACIÓN.

 

Por último veremos un fragmento de "Fantasía 2000", unha película de animación onde a música ten un papel protagonista. Nesta escena poderedes ver uns flamengos movéndose ao ritmo do "Carnaval dos animais" de Camile Saint-Saëns.