31 maio 2026

3º CURSO 3.9

1 - 5 XUÑO

 
Bo día !
 

A- INSTRUMENTOS VENTO-METAL: A TROMPETA.


A trompeta é un instrumento da familia de vento-metal. O seu son é dos máis agudos desta familia, xa que os outros compoñentes dela -como o trombón, a trompa ou a tuba- teñen un tubo máis longo que emite sons máis graves.
 
Os instrumentos desta familia teñen unha boquilla na que se poñen os beizos para facelos vibrar coma lingüetas ao soprar.
 
O son da trompeta é moi brillante e por iso é moi utilizada en orquestras, bandas, grupos de jazz e bandas militares.
 


B- LINGUAXE MUSICAL.


Agora tedes que ir ao enlace a practicar dúas cousas moi importantes: a colocación das notas no pentagrama e máis a lectura de ritmos.


    Practicamos as notas.                  
Practicamos ritmos.

                https://aprendomusica.com/const2/40aprendonotas6/aprendonotas6.html                                            https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

         

C- MUSICA, MÚSICOS E CINE DE ANIMACIÓN.


Hoxe temos por aquí a unha personaxe que coñeceredes ben: A Panteira Rosa.

Henry Mancini, o compositor deste tema, foi un músico que sempre será recordado pola súa contribución ao mundo do cine.


Entre os seus temas máis coñecidos está  o que vos deixo hoxe "Pink Panther theme".


Neste capítulo a protagonista trata de entrar nunha orquestra co seu violín para tocar o tema da panteira, pero o director da orquestra quere seguir co ensaio da 5ª Sinfonía de Beethoven.