3º CURSO 3.3
19 - 23 MAIO
Bo día !
A- FRAUTA: ΑS ΝΟΤΑS DO e RE.
É a hora de completar a escala musical coas dúas notas de frauta que nos faltan: do (grave) e re.
Para practicar estas dúas notas coa frauta, teredes que copiar esta partitura no caderno. Prestade moita atención ao lugar que ocupa cada nota no pentagrama.
Se necesitades recordar algunha posición, aquí tedes todas as estudiadas.
B- CORDA PUNTEADA: GUITARRA E ARPA.
Os instrumentos de corda punteada son aqueles nos que usamos os dedos, ou unha puga, para facer vibrar as cordas.
Estes instrumentos teñen un sistema de caravillas nas que se atan as cordas para poder ser afinadas.
A
guitarra e a arpa son dous instrumentos desta
familia, pero nela tamén están o ukelele ou o banxo.
C- MÚSICA E CINE: E.T. (JOHN WILLIAMS)
Para rematar a clase de hoxe temos a banda sonora dunha película digna de ver: E.T.
O seu compositor é John Williams, un músico moi coñecido pola súa contribución ao mundo do cine.
Espero que a gocedes !