1º CURSO 3.3
19 - 23 MAIO
Bo día !
A- CANTAMOS.
Repasamos rapidamente a canción: "O galo canta"
B- NOTAS NO PENTAGRAMA.
Agora colleremos o caderno para ir completando estes dous pentagramas coas notas que nos diga o xogo da clave de sol.
C- MÚSICA E ANIMACIÓN.
Agora fágovos unha proposición diferente en dúas fases:
1- Vemos unha vez e con moita atención esta curtametraxe.
2- Vemos a película outra vez, pero esta vez sen son.
É unha película moi curta (dous minutos e medio). A ver que vos parece a experiencia!