12 maio 2025

3º CURSO 3.2

12 - 16 MAIO


Bo día !


A- CANTAREIRAS.


Este ano adicamos o día das Letras Galegas ás cantareiras. Estas mulleres preservaron o galego coas súas cantigas, que foron transmitindo de nais a fillas ao longo dos anos.

Neste vídeo podemos escoitar a Pandeirada de Mens.


As Tanxugueiras que foron a Eurovisión son as herdeiras desta tradición.

 

B- INSTRUMENTOS DE LÁMINAS NA ESCOLA.

Os instrumentos escolares de láminas pertencen á familia de percusión e están formados por dúas partes:
 
1- Caixa de resonancia.
2- Xogo de láminas afinadas de madeira ou metal.

O tamaño das láminas vai decrecendo de esquerda a dereita. As máis grandes emiten os sons máis graves e as máis pequena sons agudos.
 
Estes instrumentos tócanse con baquetas. As baquetas poden estar feitas con materiais de distinta dureza para emitir sons con timbres diferentes. Estas baquetas débense levantar rapidamente despois de cada golpe para deixar vibrar as láminas.
 
 
Temos tres familias: xilófonos, metalófonos e carillóns.
 


C- LINGUAXE MUSICAL: PERCUSIÓN.

Agora picamos na imaxe para acompañar con palmas esta "Muiñeira de Pontesampaio"