5º CURSO 3.2
8 - 12 ABRIL
Bo día !
A- FRAUTA.
Comezamos a clase revisando e preparando a partitura que xa tedes copiada no caderno. A próxima semana subirei unha gravación dela.
B- LINGUAXE MUSICAL.
Agora
picade nas semicorcheas que están debaixo para facer algúns exercicios
de lectura no pentagrama. Recordade que facer as cousas "para ver se
acertamos" non é unha boa forma de proceder. Sede reflexivos, pensade, e
despois, só despois... respondede.
C- AUDICIÓN: MÚSICA E CINE.
"STAR WARS" (John Williams)
John Williams é un compositor e director de orquestra nado en Nova York
en 1932. Leva toda a súa vida adicado á composición de grandes e
premiadas bandas sonoras para as películas máis coñecidas, algunhas
delas son: Harry Potter, Tiburón, E.T., Superman, Indiana Jones, Parque Jurásico e Star Wars.
A ver quen recoñece esta obra!!