5º CURSO 3.4
27 - 30 ABRIL
Bo día !
A- FRAUTA.
B- O TEMPO MUSICAL.
Cando interpretamos unha peza de música temos que prestarlle moita atención ao tempo que lle temos que dar. Este tempo ven indicado, nas partituras, con termos italianos que indican a velocidade á que se ten que interpretar.O tempo é, polo tanto, o aire que se lle da á obra, e dicir, a velocidade á que temos que tocar.
O metrónomo é un aparello que emite un son, no que se pode graduar a velocidade, para axudarnos a manter un tempo constante ao interpretar unha peza.
C- AUDICIÓN E PERCUSIÓN.
Agora escoitamos con atención a peza "Le Basque" do compositor francés Marin Marais.Na primeira vez escoitamos e imos vendo as indicacións rítmicas de cada parte desta pequena obra. Na segunda vez tocamos coas baquetas.
Moita atención ao tempo da obra.



