Agora acabaremos de copiar a partitura da semana pasada e poñeremoslle o nome a cada nota. Logo practicaremos a dixitación coa frauta.
A próxima semana teredes por aquí un vídeo para facilitarvos a súa práctica.
Quedan por aquí as posicións das notas estudiadas na frauta.
C- OS INSTRUMENTOS NO ROCK.
A música rock é un estilo no que destacan os ritmos moi marcados e os instrumentos moi amplificados.
De todos eles destacan estes tres:
1- Guitarra eléctrica: ten seis cordas e adoita tocarse cunha puga. Necesita conectarse a un amplificador para aumentar a súa potencia e poder facer distintos efectos de son.
2- Baixo eléctrico: ten catro cordas e emite un son moi grave, por iso se chama baixo. Tamén necesita conectarse a un amplificador para aumentar a súa potencia.
3- Batería: tócase coas baquetas e está formada por varios instrumentos de percusión como a caixa, os pratos, o bombo e os toms.