21 marzo 2024

6º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL



Bo día !


A- FRAUTA.

 
Hoxe toca acabar de copiar a partitura do último día: "O inverno", de Vivaldi.
 
 
 
Non vos esquezades de ir practicando esta partitura coa frauta eses 12 minutos diarios.

B- PERCUSIÓN.

É o momento de coller as baquetas.
A continuación temos unha serie de ritmos para facer. Comezaremos polos 12 ritmos en azul, que son máis curtos, e logo faremos os ritmos en verde (13-18). Coidado cos contratempos dos ritmos 12, 15 e 18



 
Xa que temos as baquetas na man imos sacarlle algo máis de proveito para acompañar con percusión esta canción.




C- AUDICIÓN; MÚSICA E CINE. 

"STAR WARS" (John Williams)
 
John Williams é un compositor e director de orquestra nado en Nova York en 1932. Leva toda a súa vida adicado á composición de grandes e premiadas bandas sonoras para as películas máis coñecidas, algunhas delas son: Harry Potter, Tiburón, E.T., Superman, Indiana Jones, Parque Jurásico e Star Wars.
 
John Williams | Star Wars Wiki | Fandom

A ver quen recoñece esta obra!!

5º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL


Bo día !


A- FRAUTA.


Acabamos de copiar a partitura do último día.
Recordade que é fundamental tocar eses 12 minutos diarios, sen práctica diaria é imposible avanzar. É moito máis efectivo practicar pouco tempo, pero a diario, que dúas horas nun  só día.




B- PERCUSIÓN.


É o momento de coller as vosas baquetas.

A continuación temos unha serie de ritmos para facer. Comezaremos polos 12 ritmos en azul, que son máis curtos, e logo facede os ritmos en verde (13-18). Coidado cos contratempos dos ritmos 12, 15 e 18


Xa que temos as baquetas na man imos sacarlle algo máis de proveito. Acompañaremos este vídeo con percusión.




C- AUDICIÓN: MÚSICA E CINE.


"Os sete magníficos" (Elmer Bernstein).

Elmer Bernstein naceu en Nova York en 1922 e finou no ano 2004. Foi un compositor moi recordado polas súas bandas sonoras, así que, hoxe, déixovos  aquí un enlace a unha das súas obras máis coñecidas




4º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL

 
Bo día!

A- CANTAMOS.

 
Comezamos a clase de hoxe repasando a canción do último día.



B- PARTITURA PARA FRAUTA.

 
Agora tedes que acabar de copiar a partitura do último día. Non vos esquezades da ligadura do último pentagrama.
Ao tocar coa frauta recordade:

1- Espalda dereita.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos moi amodiño.
4- Non premades demasiado coas xemas dos dedos nos buratos. 
5- Recordade que para dosificar o aire tedes que simular a posición da sílaba "du" (pero sin emitir o seu son).
 
Premede na frauta para recordar a posición das notas

C- COMPLETAMOS.

Agora completaremos os seguintes compases de dúas, tres e catro partes. Fixádevos ben na fórmula de compás.
 
En todos eles a figura unidade de tempo é a negra, polo que teremos que completar cada parte, ou tempo, cunha negra ou algo equivalente.

3º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL


Bo día !


A- CANTAMOS.

 
A primeira actividade que faremos hoxe será repasar a canción do último día:



B- FRAUTA.

 
Agora toca seguir coa partitura: "O diálogo"

Recordade:

    1- Espalda dereita.
    2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
    3- Sopramos moi amodiño.
    4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.
 

C- AUDICIÓN (O ACENTO NA MÚSICA).

Por último escoitaremos esta muiñeira marcando os acentos da música.


2º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL


Bo día !


A- CANTAMOS.

Comezamos repasando a canción: "Dime que fixeches" de Migallas.

 



B- AS FIGURAS MUSICAIS.


Aquí está hoxe a árbore das figuras. Imos falar del antes de coller o caderno para copialo.

Redonda....................4 pulsos.
Branca.......................2 pulsos.
Negra........................1 pulso.
Corchea.....................1/2 pulso.


 

 

C- MÚSICA E CINE: "PEDRO E O LOBO"


Agora non  hai máis que facer click no enlace para ver e escoitar un clásico de Disney que recrea unha obra do compositor ruso Serguei Prokófiev: Pedro e o lobo.
 
É unha obra na que se nos presentan os distintos instrumentos da orquestra: vento, corda e percusión.
 
Pedro, o protagonista, está representado polos instrumentos de corda fretada.


O avó será o fagot.
 
Shasha, o paxaro, será a frauta.
 
Iván, o gato, está representado por un clarinete.
 
Sonia, a parrula, será o óboe.
 
O lobo está representado polas trompas.
 
Por último, os cazadores, son representados polos timbais.

Cada un deles ten o seu propio tema que soa cando aparece cada personaxe.

Fai click na imaxe e presta moita atención.
    
Resultado de imagen de pedro y el lobo disney

1º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL


 

Bo día !


A- REPASAMOS: O TÍO NICANOR.

A VER SE SOMOS CAPACES DE ATOPAR O NOME DOS ANIMAIS QUE APARECEN NA CANCIÓN.


 

B- A CLAVE DE SOL.


AGORA COLLEMOS O CADERNO DE MÚSICA. FAREMOS 5 CLAVES DE SOL EN CADA PENTAGRAMA SEGUINDO ESTES PASOS:

1- Fago un punto na segunda liña ao comezo do pentagrama.
2- Fago outro punto na segunda liña ao final do pentagrama.
3- Agora calculo cos dedos o centro do pentagrama e aí fago outro punto.
4- Para rematar, fago un punto no medio da primeira metade e outro no medio da segunda metade.
 
Deste xeito queda o pentagrama marcado con cinco puntos nos que terás que facer cinco claves de sol seguindo os tres pasos de sempre:
 
1-Cuncha de Gary.
2- Ele.     
3- Mango do paraugas.
 
Seguindo estas indicacións, completarás dous pentagramas.
Resultado de imagen de hacer la clave de sol

C- MÚSICA E CINE.

PARA REMATAR FACEMOS CLICK NO ENLACE PARA VER E ESCOITAR PEDRO E O LOBO, DE SERGUEI PROKÓFIEV.

Esta obra presenta os distintos instrumentos da orquestra: vento, corda e percusión. Cada un deles ten o seu propio tema que soa cando aparece cada personaxe.

    
Resultado de imagen de pedro y el lobo disney

 

18 marzo 2024

 6º CURSO 2.10

18 - 22 MARZO


Bo día !


A- FRAUTA.

 
Hoxe toca falar das "Catro Estacións" de Vivaldi e logo comezamos a partitura "O inverno".
 
 
No enlace seguinte atoparedes o Inverno. O tema que tedes que estudiar coa frauta está a partires do minuto 3.50
 

Recordade sempre que: "A práctica fai ao mestre"


B- INSTRUMENTOS DE VENTO.

Os instrumentos de vento, ou aerófonos, son aqueles que producen o seu son ao facer pasar unha corrente de aire por un tubo.

Este aire vibra dentro dese tubo para producir as diferentes notas, cuxa altura dependerá de diversos factores como a lonxitude do tubo ou a presión do aire en circulación.

Dentro desta gran familia podemos facer dous subgrupos:

- Vento madeira: de bisel, de lingüeta simple e  de lingüeta dobre.

- Vento metal.


Podemos incorporar un terceiro subgrupo a esta clasificación:

- Vento mecánico: órgano, acordeón.


C- MÚSICA E CINE.

Agora deixo aquí o vídeo de Rhapsody in Blue, de George Gershwing.




 5º CURSO 2.10

18 - 22 MARZO


Ola, bo día!

A- FRAUTA.

 
Hoxe toca comezar cunha partitura nova: "Na beira do mar"

Aquí a tedes a partitura da que só hai que tocar a primeira voz. Como xa sabedes, é moito máis efectivo practicar pouco tempo diariamente, que facer nun ou dous días unha chea de práctica.

Hoxe copiaredes os 17 primeiros compases (a razón de catro compases por pentagrama)

E recordade sempre: "A práctica fai ao mestre"




B- INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA.


Agora veremos unha presentación dos distintos instrumentos de vento-madeira. Pasaremos polas diferentes diapositivas para ver información de cada un deles.

fai click na imaxe.

https://es.slideshare.net/toxoblas/instrumentos-vento-madeira-presentation



C- AUDICIÓN: GRIEG, "A MAÑÁ"

Edvard Grieg, 1843-1907, foi un pianista e compositor noruegués. A súa obra máis coñecida é Peer Gynt, á que pertence a peza que escoitaremos hoxe: "A Mañá".


4º CURSO 2.10

18 - 22 MARZO

 
Bo día !


A- CANTAMOS.

 
A primeira actividade que faremos hoxe será cantar unha canción prestando especial atención a estes pasos:

  1- Escoitamos unha vez, e con atención, a canción.
  2- Lemos a letra atentamente e aclaramos o significado das palabras que non coñezamos.
  3- Aprendemos a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.



B- PARTITURA PARA FRAUTA.

 
Agora toca copiar esta partitura para frauta:
Cando a toquedes coa frauta recordade isto:

1- Espalda dereita.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos moi amodiño.
4- Non premades demasiado coas xemas dos dedos nos buratos. 
5- Recordade que para dosificar o aire tedes que simular a posición da sílaba "du" (pero sin emitir o seu son).
 
Premede na frauta para recordar as posicións das notas

C- VENTO-MADEIRA LINGÜETA SIMPLE: O CLARINETE.

O clarinete (o de Calamardo) é un instrumento de vento, en forma de tubo e feito xeralmente de madeira de ébano. É de lingüeta simple e ten varios buratos e chaves.
 
É utilizado en diversos estilos de música. Entre eles están: a música sinfónica, a de cámara, o jazz e a música folk.
 
É un instrumento moi versátil.
Resultado de imagen de clarineteResultado de imagen de calamardo tocando el clarinete

Agora escoitade este vídeo de 5 minutos no que aparece un cuarteto de clarinetes interpretando o Canon de Pachelbel.

3º CURSO 2.10

18 - 22 MARZO


Bo día !

A- CANTAMOS.

 
A primeira actividade que faremos hoxe será cantar unha canción prestando especial atención a estes pasos:

   1- Escoito unha vez, con atención, a canción.
   2- Lemos a letra atentamente e aclaramos o significado das palabras que non coñezamos.
  3- Aprendemos a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.



B- FRAUTA.

 
Agora toca copiar no caderno e logo practicar coa vosa frauta esta partitura: "O diálogo"

Recordade coidar os seguintes aspectos cando toquedes a frauta:

    1- Espalda dereita.
    2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
    3- Sopramos moi amodiño.
    4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.
 

C- PERCUSIÓN.

Por último faremos un pouco de lectura rímica e percusión.


 

2º CURSO 2.10

18 - 22 MARZO

 

Bo día !


A- CANTAMOS.

Hoxe comezamos cantando a canción: "Dime que fixeches" de Migallas, que podes atopar no enlace de abaixo. Vai facendo os tres pasos por orden:
 
1- Escoita a canción con atención.
2- Trata de ir cantando as distintas estrofas.
3- Por último trata de ir facendo os mesmos movementos que os protagonistas ao tempo que cantas a canción.

 

B- RITMO.

Agora teremos que completar os ritmos picando nas corcheas.
 
1- Escoitamos o ritmo con atención.
2- Imos facendo click nas figuras ou silencios para encher os ocos.
3- O xogo xa nos vai dicindo se o estamos a facer ben ou mal.


C- MÚSICA E CINE.

Agora non  hai máis que facer click no enlace para ver e escoitar esta curtametraxe de Pixar: "One man band".
 
Nel poderemos ver distintos instrumentos de vento, corda e percusión e pensar na importancia da colaboración para resolver os nosos problemas.
 


 

1º CURSO 2.10

18 - 22 MARZO

Bo día !


A- CANTAMOS: CHOCOLATA.


RECORDADE QUE CANTAR E BERRAR NON SON A MESMA COUSA. COIDADE A VOSA VOZ, XA QUE TEN QUE DURAR MOITOS ANOS.



B- TRABALLAMOS NO CADERNO.

AGORA DIVIDIREMOS DOUS PENTAGRAMAS EN CATRO COMPASES E LOGO IREMOS ESCRIBINDO AS NOTAS NO NOSO CADERNO .

PICAMOS NO PENTAGRAMA.

C- PERCUSIÓN.


05 marzo 2024

 6º CURSO 2.9

11 - 15 MARZO

 

Bo día !


A- PERCUSIÓN. 

 

B- OS INTERVALOS.

Un intervalo é a distancia que hai entre dúas notas. Esta distancia medímola en tons ou semitóns. Mirade a escala de do M.

Os intervalos poden ser:

Ascendentes (van dunha nota grave a unha aguda) ou descendentes (agudo a grave).

Tamén poden ser de: segunda, terceira, cuarta...

Simples, cando non exceden da oitava, ou compostos, cando a superan).

Agora analizaremos estes:

 

C- AUDICIÓN: CAMILE SAINT-SAËNS.

Hoxe toca falar de Saint-Saëns e a súa Danza Macabra.
 
Camile Saint-Saëns, Francia 1835-1921, foi un compositor, director de orquestra e pianista fundamental na modernización da música francesa.
 
No ano 1874 compuxo a súa Danza Macabra. Con este poema sinfónico, Saint-Saëns describe á morte que sae a tocar o violín á medianoite. Os esqueletos saen a bailar arredor das súas tumbas e volven desaparecer ao amencer co canto do galo.