5º CURSO 2.8
10 - 14 MARZOBo día !
A- AGRUPACIÓNS MUSICAIS QUE TEMOS EN GALICIA.
Grupo tradicional: está formado por gaita, pandeireta, tamboril e bombo. Tradicionalmente amenizaban os días de festa nas aldeas e nas vilas de Galicia tocando polas súas rúas. O seu repertorio inclúe, entre outras: alboradas, muiñeiras, pasacorredoiras e xotas.
Grupo folk: ten a súa base na música tradicional pero aderezado con harmonías e instrumentos doutras culturas como: bodhrán, tin whistle, violín, zanfona ou buzuki.
Banda de gaitas: son agrupacións musicais nas que, como o seu nome indica, a gaita é a auténtica protagonista, aínda que soen ir acompañadas dunha sección de percusión. A Banda de Gaitas de Cea, en Ourense, é unha das máis premiadas de Galicia.
Pandereteiras: son agupacións nas que se tocan simultaneamente as pandeiretas e a voz.
Coral: a coral está formada por voces. As voces máis representativas dunha coral son: sopranos, contraltos tenores e baixos.
B- AUDICIÓN: PASACORREDOIRAS DE ARNOIA.
Xa que falamos hoxe das agrupacións galegas escoitaremos este bonito pasacorredoiras. O pasacorredoiras é unha composición en 2/4 moi representativa do noso folclore, que se tocaba polas rúas e os camiños nos días de festa para animar as aldeas e vilas.
C- PERCUSIÓN.
Rematamos a clase collendo as baquetas para facer un pouco de percusión.
Rematamos a clase collendo as baquetas para facer un pouco de percusión.