21 marzo 2024

1º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL


 

Bo día !


A- REPASAMOS: O TÍO NICANOR.

A VER SE SOMOS CAPACES DE ATOPAR O NOME DOS ANIMAIS QUE APARECEN NA CANCIÓN.


 

B- A CLAVE DE SOL.


AGORA COLLEMOS O CADERNO DE MÚSICA. FAREMOS 5 CLAVES DE SOL EN CADA PENTAGRAMA SEGUINDO ESTES PASOS:

1- Fago un punto na segunda liña ao comezo do pentagrama.
2- Fago outro punto na segunda liña ao final do pentagrama.
3- Agora calculo cos dedos o centro do pentagrama e aí fago outro punto.
4- Para rematar, fago un punto no medio da primeira metade e outro no medio da segunda metade.
 
Deste xeito queda o pentagrama marcado con cinco puntos nos que terás que facer cinco claves de sol seguindo os tres pasos de sempre:
 
1-Cuncha de Gary.
2- Ele.     
3- Mango do paraugas.
 
Seguindo estas indicacións, completarás dous pentagramas.
Resultado de imagen de hacer la clave de sol

C- MÚSICA E CINE.

PARA REMATAR FACEMOS CLICK NO ENLACE PARA VER E ESCOITAR PEDRO E O LOBO, DE SERGUEI PROKÓFIEV.

Esta obra presenta os distintos instrumentos da orquestra: vento, corda e percusión. Cada un deles ten o seu propio tema que soa cando aparece cada personaxe.

    
Resultado de imagen de pedro y el lobo disney