2º CURSO 2.10
24 - 28 MARZO
Bo día !
A- CANTAMOS.
Hoxe comezamos cantando a canción: "Dime que fixeches" de Migallas,
que podes atopar no enlace de abaixo. Vai facendo os tres pasos por
orden:
1- Escoita a canción con atención.
2- Trata de ir cantando as distintas estrofas.
3- Por último trata de ir facendo os mesmos movementos que os protagonistas ao tempo que cantas a canción.
B- RITMO.
Agora teremos que completar os ritmos picando nas corcheas.
1- Escoitamos o ritmo con atención.
2- Imos facendo click nas figuras ou silencios para encher os ocos.
3- O xogo xa nos vai dicindo se o estamos a facer ben ou mal.
C- MÚSICA E CINE.
Agora non hai máis que facer
click no enlace para ver e escoitar esta curtametraxe de Pixar: "One man
band".
Nel poderemos ver distintos instrumentos de vento, corda e percusión e
pensar na importancia da colaboración para resolver os nosos problemas.