12 abril 2024

6º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL


Bo día !


A- FRAUTA: O INVERNO.

 
 
 
 

B- LINGUAXE MUSICAL: A SUBDIVISIÓN DO COMPÁS.

Xa temos falado de compases binarios, ternarios e cuaternarios cando falabamos das partes que pode ter un compás. Hoxe toca falar da subdivisión de cada parte ou pulso do compás.
 
Compases compostos: 6/8 9/8 e 12/8


C- COPLAS DOS MAIOS.

8

8a

8

8a


 5º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

Bo día !


A- FRAUTA.

Queda por aquí o vídeo de "Na Beira do Mar" para que a rematedes de estudar na casa. Preparádea ben xa que é para preguntar na aula.

 

B- LINGUAXE MUSICAL. 

Na partitura de arriba, o compás é un dous por catro. Este é un compás binario, é dicir, un compás de dúas partes, no que cada unha das partes se completa cunha negra (ou algo equivalente).
 
Prestamos especial atención ás síncopas.
 
 
Fixádevos tamén na colocación das plicas das figuras. Aquelas que están por riba da terceira liña, levan a plica pola esquerda para abaixo e as que están por debaixo desta liña, levan a plica pola dereita cara arriba. A nota "si", na terceira liña, pode levar a plica ou ben cara arriba ou cara abaixo, dependendo das notas ao seu arredor.
 
É moi importante tamén, que vos fixedes na dobre barra de repetición, recordade o que vos dicía na clase, ao chegar a ela "rebotamos" cara atrás.
 
Por último, prestade atención as casiñas de 1ª e 2ª vez para facer as repeticións.
 

C- COPLAS DOS MAIOS.

8

8a

8

8a

 4º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

Bo día !


A- FRAUTA.

Por aquí queda a partitura e a gravación da partitura "A Feira". Practicade duro que pronto a preguntarei na clase.



B- INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA CON BISEL.

A frauta traveseira e a frauta de pan, son instrumentos de vento-madeira con bisel.


 
Os instrumentos de vento-madeira con bisel, son uns aerófonos que producen o seu son pola vibración do aire no instrumento, sen que teñan que vibrar os beizos (coma nos instrumentos de vento-metal).

A pesares do seu nome non están construídos todos eles con madeira. Algúns están feitos en alpaca, prata...

 

C- COPLAS DOS MAIOS.

8

8a

8

8a

 3º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

Bo día !


A- CANTAMOS.

Comezamos repasando a canción:      


"O LIBRO MÁXICO" 
MIGALLAS

Vídeo con pictogramas.






B- FRAUTA: DIÁLOGO.

Practicamos esta partitura de frauta. Non vos esquezades de practicar 10 minutos na casa cada día de luns a venres.

1- Lombo dereitiño.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos amodo.
4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.



Cando non recordedes a posición dalgunha nota picade na frauta.

C- MAIOS.



2º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

 

Bo día !


A- CANTAMOS:

Comenzamos coa canción do útimo día:

 

B- AS NOTAS E O PENTAGRAMA.

Agora collemos o caderno de música para poñerlle o nome a cada nota na partitura da semana pasada. Logo leremos o ritmo e cantaremos a melodía.


 

C- PERCUSIÓN.

Por último hai que facer estes catro ritmos coas palmas. Recordade o seguinte:

Branca: tu-u
Negra: ta
Dúas corcheas: titi

1- Primeiro lemos os ritmos.
2- Agora lemos os ritmos dando palmas ao mesmo tempo.





1º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL 


Bo día !


A- CANTAMOS.

Repasamos a canción de Paco Nogueiras:


 

B- AS NOTAS E O PENTAGRAMA.

Agora acabaremos de completar os dous pentagramas do último día.

   Pica nas corcheas para ir vendo as notas no pentagrama.
 

 

C- AUDICIÓNS.

Agora prestade atención a esta animación do "Carnaval dos animais", de C. Saint-Saëns, para escoitar a "Marcha Real do León"
 


08 abril 2024

6º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL

  

Bo día !


A- FRAUTA.

 
Toca revisar e practicar a partitura: "O inverno", de Vivaldi.
 
 
 
Recordade a importancia de ir practicando a partitura coa frauta eses 12 minutos diarios para non ter "apuros de última hora".

B- LINGUAXE MUSICAL.

Agora tedes que ir co voso ordenador ao enlace da clave de sol para practicar uns sinxelos ritmos.
https://aprendomusica.com/const2/30dictadoritmico1/dictadoritmico1.html

C- AUDICIÓN: A ZARZUELA.

Agora escoitaremos un xénero músical moi español: a zarzuela.
A zarzuela é unha forma de música teatral xurdida en diversos territorios de España con partes instrumentais, partes vocais  e partes faladas.
O seu nome procede do Palacio da Zarzuela, que era onde se achaba o teatro que albergou as primeiras representacións do xénero e que hoxe é residencia dos monarcas españois.

A ver que vos parece...


5º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL

 

Bo día !


A- FRAUTA. 

Comezamos a clase revisando e preparando a partitura que xa tedes copiada no caderno. A próxima semana subirei unha gravación dela.


 
 

B- LINGUAXE MUSICAL.


Agora picade nas semicorcheas que están debaixo para facer algúns exercicios de lectura no pentagrama. Recordade que facer as cousas "para ver se acertamos" non é unha boa forma de proceder. Sede reflexivos, pensade, e despois, só despois... respondede.



https://aprendomusica.com/const2/27aprendonotas8/aprendonotas8.html



C- AUDICIÓN: MÚSICA E CINE.


"STAR WARS" (John Williams)

John Williams é un compositor e director de orquestra nado en Nova York en 1932. Leva toda a súa vida adicado á composición de grandes e premiadas bandas sonoras para as películas máis coñecidas, algunhas delas son: Harry Potter, Tiburón, E.T., Superman, Indiana Jones, Parque Jurásico e Star Wars.
John Williams | Star Wars Wiki | Fandom

A ver quen recoñece esta obra!!

02 abril 2024

4º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL


Bo día !


A- COMPÁS CUATERNARIO.

Compás cuaternario é o que ten catro pulsos, tempos ou partes, que se distribúen así:

1ª parte forte.
2ª parte débil.
3ª parte semiforte
4ª parte débil.
 
Sabendo isto, e o valor das figuras, completaremos oito compases en 4/4 usando estas figuras:

 

Relación de las figuras musicales - hiru


B- PERCUSIÓN.

Agora temos que ler estes oito ritmos coas "palabras" de sempre. Despois faremos os ritmos coas baquetas.

Recordade que cada unha destas "palabras" dura un golpe ou pulso, así que teredes que andar máis lixeiriños nas semicorcheas.

 

C- MÚSICA E CINE: O TEMPO.

Cando escoitamos unha obra, unha das súas características máis destacables é o tempo, que é o aire, a velocidade que se lle dá á obra ou a unha parte dela. Este tempo ven indicado por termos italianos como:

Adagio (lento)         Andante (tranquilo)          Allegro (rápido)


Prestade atención agora ao tempo desta obra:

"Os sete magníficos"
(Elmer Bernstein).
 
 Especial Aniversario de ELMER BERNSTEIN - AsturScore

Elmer Bernstein naceu en Nova York en 1922 e finou no ano 2004. Foi un compositor moi recordado polas súas bandas sonoras, así que, hoxe, déixovos  aquí un enlace a unha das súas obras máis coñecidas.
 


3º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL


Bo día !

 

A- CANTAMOS.


Comezamos cantando unha nova canción prestando moita atención a estes pasos.
1- Escoito unha vez, e con atención, a canción.
2- Leo e interpreto os pictogramas atentamente. 
3- Aprendo a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.

Como é unha canción de repaso, os que recordedes os movementos que aprendemos no cole, podedes repetir eses, e os que non, podedes inventar outros novos.

      

"O LIBRO MÁXICO" 
MIGALLAS

Vídeo con pictogramas.






B- AS FIGURAS E OS SILENCIOS.


Seguimos coa árbore das figuras. Comezaremos por copiar dende as semicorcheas ata a redonda.

Redonda....................4 pulsos.
Branca.......................2 pulsos.
Negra........................1 pulso.
Corchea.....................1/2 pulso.
Semicorchea..............1/4 pulso.



C- FRAUTA: DIÁLOGO.


Cando toquedes recordade os seguintes puntos:

1- Lombo dereitiño.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos amodo.
4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.



Cando non recordedes a posición dalgunha nota picade na frauta.

2º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL


 

Bo día !


A- CANTAMOS:


Comenzamos a clase de hoxe cunha canción nova.

 

B- AS NOTAS E O PENTAGRAMA.


Collemos o caderno de música.
 
Fai unha clave de sol ao inicio do pentagrama e logo divide ese pentagrama en catro compases coas liñas divisorias.
 
Seguindo estas indicacións completarás dous pentagramas.
 
Agora toca copiar esta melodía no caderno e logo poñerlle o nome a cada nota.
 
 
 
 
Agora faremos primeiro a lectura rítmica das figuras e logo leremos as notas.
 

C- INSTRUMENTOS DE VENTO: AS FRAUTAS.


As frautas son instrumentos de vento que funcionan gracias ao sopro que exercemos na súa embocadura.
 
 
 
Picando na imaxe desta frauta de pan poderemos escoitar o seu característico son.


1º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL


 

Bo día !


A- CANTAMOS.


Comezamos a sesión de hoxe cunha nova canción: 
 
"RADIO BULEBULE", PACO NOGUEIRAS

 

Seguiremos os tres pasos de sempre:

1- Escoitamos a canción con atención.
2- Imos cantando as distintas estrofas aclarando dúbidas.
3- Agora tratamos de inventar unha coreografía sinxela para representar a canción.



 

B- AS NOTAS E O PENTAGRAMA.


Agora collemos o caderno de música. Facemos unha clave de sol ao inicio do pentagrama e dividimos ese pentagrama en catro compases coas liñas divisorias. Seguindo estas indicacións completarás dous pentagramas.

Agora iremos ao seguinte enlace para copiar nos dous pentagramas as notas que vaian saíndo. Faremos dúas notas en cada compás, prestando moita atención á liña ou espazo no que está cada nota.

   Pica nas corcheas para ir vendo as notas no pentagrama.
 

 


C- MÚSICA E CINE: "THE CAT CONCERTO"


Despois de ter todo ben rematado, imos ao seguinte enlace para ver unha curtametraxe. Nesta película veredes o funcionamento dun piano mentres Tom e Jerry discuten coa interpretación da Rapsodia Húngara nº 2 de Franz Liszt.

Tom y Jerry : The Cat Concerto | Wichiluca

Agora podedes ver ao pianista Lang Lang interpretando esta peza de Franz Liszt

21 marzo 2024

6º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL



Bo día !


A- FRAUTA.

 
Hoxe toca acabar de copiar a partitura do último día: "O inverno", de Vivaldi.
 
 
 
Non vos esquezades de ir practicando esta partitura coa frauta eses 12 minutos diarios.

B- PERCUSIÓN.

É o momento de coller as baquetas.
A continuación temos unha serie de ritmos para facer. Comezaremos polos 12 ritmos en azul, que son máis curtos, e logo faremos os ritmos en verde (13-18). Coidado cos contratempos dos ritmos 12, 15 e 18



 
Xa que temos as baquetas na man imos sacarlle algo máis de proveito para acompañar con percusión esta canción.




C- AUDICIÓN; MÚSICA E CINE. 

"STAR WARS" (John Williams)
 
John Williams é un compositor e director de orquestra nado en Nova York en 1932. Leva toda a súa vida adicado á composición de grandes e premiadas bandas sonoras para as películas máis coñecidas, algunhas delas son: Harry Potter, Tiburón, E.T., Superman, Indiana Jones, Parque Jurásico e Star Wars.
 
John Williams | Star Wars Wiki | Fandom

A ver quen recoñece esta obra!!