08 abril 2024

5º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL

 

Bo día !


A- FRAUTA. 

Comezamos a clase revisando e preparando a partitura que xa tedes copiada no caderno. A próxima semana subirei unha gravación dela.


 
 

B- LINGUAXE MUSICAL.


Agora picade nas semicorcheas que están debaixo para facer algúns exercicios de lectura no pentagrama. Recordade que facer as cousas "para ver se acertamos" non é unha boa forma de proceder. Sede reflexivos, pensade, e despois, só despois... respondede.



https://aprendomusica.com/const2/27aprendonotas8/aprendonotas8.html



C- AUDICIÓN: MÚSICA E CINE.


"STAR WARS" (John Williams)

John Williams é un compositor e director de orquestra nado en Nova York en 1932. Leva toda a súa vida adicado á composición de grandes e premiadas bandas sonoras para as películas máis coñecidas, algunhas delas son: Harry Potter, Tiburón, E.T., Superman, Indiana Jones, Parque Jurásico e Star Wars.
John Williams | Star Wars Wiki | Fandom

A ver quen recoñece esta obra!!