29 xaneiro 2024

6º CURSO 2.4

29 XANEIRO- 2 FEBREIRO

 

Bo día !

A próxima semana preguntarei o himno da alegría, non vos esquezades del.


A- COMPROBAMOS AS LIÑAS DIVISORIAS.

Comezamos facendo  a colocación das  liñas  divisorias da  última  clase, logo marcaremos os acentos > e os pulsos I nesta partitura en 3/4
 


B- O MATIZ.

O matiz ou intensidade indica a forza coa que se ten que interpretar cada pasaxe dunha obra.

A intensidade sufre moitos cambios ao longo da interpretación da peza, conseguindo así proporcionarlle unha maior expresividade a esta.

Os cambios de intensidade fanse seguindo estas abreviaturas:

 

pp              p                mp                     mf           f           ff

pianissimo          piano           mezzopiano          mezzoforte         forte      fortissimo

 

Tamén empregamos os reguladores para indicar os cambios graduais de intensidade:

 



C- AUDICIÓN.

Agora prestade moita atención aos cambios de matiz nesta obra de Richard Wagner, compositor alemán nado no ano 1813 e moi coñecido polas súas óperas. A obra que escoitaremos agora é a Cabalgata das Valquirias.



5º CURSO 2.4

29 XANEIRO - 2 FEBREIRO


Bo día !

A próxima semana preguntarei o himno da alegría, non vos esquezades del.

 

A- O COMPÁS DE TRES POR CATRO.

O 3/4 é un compás ternario, é dicir, ten tres partes ou pulsos. A primeira parte é forte (leva o acento) e a segunda e a terceira son débiles.
 
A figura unidade de tempo é a negra.
 
A figura unidade de compás é a branca con punto.


B- LIÑAS DIVISORIAS.

Agora comprobaremos as liñas divisorias da última clase e logo marcaremos os acentos > e os pulsos I nesta partitura en 3/4
 

 

C- AUDICIÓN: VALSE

Por último escoitaremos un valse, que é unha das pezas máis coñecidas en compás ternario. Neste caso é un valse de Johann Strauss (fillo), un compositor austriaco nado en Viena no ano 1825 e que pasou a ser recordado como o rei do valse.
 

 

4º CURSO 2.4

29 XANEIRO - 2 FEBREIRO

 

Bo día !

 

A- FRAUTA.

Hoxe é a última clase con esta partitura, xa que a próxima toca preguntar. Dádelle duro esta semana.


B- COLOCA AS LIÑAS DIVISORIAS, PULSOS E ACENTOS.

Acabamos de poñer as liñas divisorias que quedaron sin colocar o último día.

O pulso é o sinal musical que marca o ritmo. Serían as pulsacións da obra que escoitamos.

O acento é a parte máis forte de cada compás.

Agora marcaremos os pulsos e os acentos da partitura anterior do seguinte xeito:

Pulso      I

Acento    >

 

C- AUDICIÓN.

O matiz indica a intensidade coa que se interpreta unha obra.

Ás veces escoitamos a música con máis ou menos forza.

Esta intensidade sufre moitos cambios ao longo da interpretación que fan os músicos seguindo estas abreviaturas:

 

pp                   p                mf                f                ff

        pianissimo                piano              mezzoforte          forte           fortissimo        

 

Prestamos atención aos cambios de matiz nesta obra.


3º CURSO 2.4

 29 XANEIRO - 2 FEBREIRO

 
Bo día !

A- FRAUTA: A NOTA MI.

Comezamos o mes de febreiro cunha nova nota da frauta: a nota mi.

Se picamos na imaxe poderemos ver tódalas posicións das notas na frauta doce.

Recordade que o bico da frauta queda entre os beizos na entrada da nosa boca, sen chegar a tocar os dentes. O sopro debe ser suave.

 

B- COPIAMOS.

Agora colleremos o caderno para copiar esta nova partitura.

Recordade que tedes que "medir" o espazo cos dedos para facer as liñas divisorias no lugar axeitado, deste xeito conseguiremos catro compases do mesmo tamaño.

Primeiro faremos a clave de sol e o signo de compás.

Agora toca facer a liña divisoria ao final do pentagrama, despois a liña central e logo as outras dúas a cada lado.


C- INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.

Os instrumentos de percusión son aqueles que soan cando se axitan ou cando os golpeamos coas mans ou con baquetas. A clasificación destes instrumentos non é fácil, pero podemos agrupalos segundo sexa o material que golpeamos: parche, metal ou madeira.

 

Aínda que estes instrumentos son perfectos para tocar, tamén podemos divertirnos facendo ritmos cuns simples caldeiros como podemos ver neste vídeo.



2º CURSO 2.4

29 XANEIRO - 2 FEBREIRO

 
Bo día !

A- REPASO DAS NOTAS MI, FA, SOL E LA.

Hoxe recordaremos a colocación das notas mi, fa, sol e la no pentagrama.

Mi: primeira liña.

Fa: primeiro espazo.

Sol: segunda liña.

La: segundo espazo.

A pasada semana copiamos unha pequena partitura con estas notas. Agora  comprobaremos  no  caderno  que  os  seus nomes estean ben postos.


B- INSTRUMENTOS DE TECLA.

Agora falaremos de dous instrumentos de tecla: o piano e o acordeón.

O piano é un instrumento de corda percutida. No seu interior ten varias cordas que son golpeadas (percutidas) por uns marteliños. Estes martelos son accionados por teclas.


O acordeón é un instrumento de vento que tamén ten un teclado para tocar as melodías. Ao abrir e pechar o fol fórmase unha corrente de aire que fai vibrar unhas lingüetas. Estas lingüetas emiten diferentes sons. No lado contrario ao teclado ten os baixos.


C- ESCOITAMOS CON ATENCIÓN.

Por último veremos un grupo de acordeonistas interpretando unha melodía moi coñecida. Prestade moita atención !


1º CURSO 2.4

29 XANEIRO - 2 FEBREIRO

 
BO DÍA !
 

A- CANTAMOS: O TÍO NICANOR.

ANTES DE CANTAR A CANCIÓN, TEMOS QUE ATOPAR O NOME DE TÓDOLOS ANIMAIS QUE APARECEN NA CANCIÓN.



B- O DADO MUSICAL.

REMATAMOS DÚAS COUSAS PENDENTES:
 
- AS CLAVES DE SOL.
- AS NOTAS CO DADO.

 

C- MÚSICA E DEBUXOS ANIMADOS. 

 
AGORA VEREMOS UNHA PELÍCULA CON MÚSICA DE F. LISZT.

https://www.dailymotion.com/video/x1glhp

 

24 xaneiro 2024

6º CURSO 2.3

22 - 26 DE XANEIRO

Bo día !

 

A- CANTAMOS.

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ



B- FRAUTA:" Himno da Alegría" (Sol M)


C- COPIAMOS E POÑEMOS AS LIÑAS DIVISORIAS.

Agora temos que copiar estes pentagramas no caderno para colocar as liñas divisorias. Fixádevos ben no compás antes de comezar.



5º CURSO 2.3

22 - 26 DE XANEIRO

Bo día !

A- CANTAMOS.

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ



 

B- FRAUTA: "Himno da Alegría" (Do M)

Seguimos co Himno da Alegría. Hoxe incorporaremos instrumentos de placas (baixos, altos e sopranos).


C- POÑEMOS AS LIÑAS DIVISORIAS.

Por último analizamos estes pentagramas para colocar as liñas divisorias. Fixádevos ben no compás antes de comezar.
 

4º CURSO 2.3

22 - 26 DE XANEIRO

 

Bo día!

(Repasamos a clase anterior)

 

A- FRAUTA. 



B- CANTAMOS.

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 




C- COPIA E COLOCA AS LIÑAS DIVISORIAS.

Nesta partitura faltan algunhas liñas divisorias. Comproba o compás e logo coloca as que falten.

3º CURSO 2.3

22 - 26 DE XANEIRO

 
Bo día !
 
 

A- CANTAMOS.

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ




B- FRAUTA.

Recordade que podedes baixar a velocidade de reprodución do vídeo picando na configuración.


C- PRACTICAMOS A LECTURA NO PENTAGRAMA.

Picade na clave de Sol para ir ao enlace no que xogaremos coas notas do, re, mi, sol, la e no pentagrama.



2º CURSO 2.3

22 - 26 DE XANEIRO

 
Bo día !
 

A- CANTAMOS.

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ




B- COPIAMOS NO CADERNO.

Comezamos comprobando se temos ben copiada a canción e poñemos o nome das notas. Logo cantamos a melodía.


C- MÚSICA E CINE DE ANIMACIÓN.

 

Mickey Mouse Blue Rhythm 1931



 

1º CURSO 2.3

22 - 26 XANEIRO

 
BO DÍA !
 
 

A- CANTAMOS.

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


B- O DADO MUSICAL.

REMATAMOS O TRABALLO DO ÚLTIMO DÍA LANZANDO O DADO PARA COMPLETAR OS PENTAGRAMAS.


 

C- FACEMOS PERCUSIÓN.

AGORA SENTAREMOS EN TRES GRUPOS PARA TOCAR:
 
- CUBOS.
- LATAS.
- PANDEIROS.

16 xaneiro 2024

6º CURSO 2.2

15 - 19 DE XANEIRO


Bo día !

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ



A- FRAUTA:" Himno da Alegría" (Sol M)

 

B- CANTAMOS: "Apertas que voan"


C- O RITMO DAS PALABRAS.

A música e as linguas teñen, dende sempre, unha relación moi cercana.

Moitas das cancións que coñecemos teñen a súa orixe en poemas que xa existían.

Poucas veces, na creación dunha canción, letra e música van saíndo a un mesmo tempo. As máis das veces non é así, de xeito que poden darse dúas situacións neste proceso:

- Primeiro a letra e logo a música.

- Primeiro a música e logo a letra.

Podedes ver este proceso na composición das coplas dos maios, nas que partimos dunha melodía á que lle adaptamos posteriormente unha letra determinada.

Agora imos intentar escribir ritmos para estas pequenas frases prestando moita atención á sílaba tónica de cada palabra:

- Bo día como estás.

- Teño frío, teño fame, quero pan con xamón.


5º CURSO 2.2

15 - 19 DE XANEIRO

Bo día !

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


A- FRAUTA: "Himno da Alegría" (Do M)

Seguimos co Himno da Alegría que retomamos a semana pasada, pero hoxe incorporaremos tamén xilófonos, metalófonos e carillóns.


B- CANTAMOS.

Hoxe repasamos tamén a canción da última clase.
 

C- OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN.

Agora falaremos de dous signos que usamos para prolongar o valor das figuras: o punto e a ligadura de unión.
 
A ligadura de unión é unha liña curva que, como indica o seu nome, une notas que estan á mesma altura no pentagrama. O resultado será un único son de duración igual á suma desas notas.
 
Neste exemplo temos unha negra (que dura un tempo) ligada cunha branca (dous tempos). O resultado na execución será un único la que durará tres tempos.
 
O punto é un signo que colocamos á dereita da nota ou silencio para prolongar o seu valor un 50%, é dicir, prolonga a duración a metade do seu valor.
 
 

4º CURSO 2.2

15 - 19 DE XANEIRO

 Bo día !


CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ






A- FRAUTA.

Acabamos de copiar no caderno a partitura do último día.


B- CANTAMOS.


 

C- A VOZ HUMANA.

A voz é o instrumento máis antigo de todos, xa que é tan antigo como a propia humanidade. A súa expresividade é difícilmente igualable por outros instrumentos, xa que con ela podemos abarcar unha grandísima variedade de matices que nos permiten expresar calquera sentimento, ou entoar unha multitude de sons.

Podemos clasificar as voces humanas segundo a súa altura en:

                                            - Soprano.

Voces de muller:     - Mezzosoprano.

                               - Contralto.


                               - Tenor.

Voces de home:      - Barítono.

                               - Baixo.

 

Todas estas voces podémolas atopar combinadas entre si en diferentes agupacións:

- Solistas.

- Dúos.

- Cuartetos.

- Coros.