16 xaneiro 2024

3º CURSO 2.2

15 - 19 DE XANEIRO

 
Bo día !
 

CANCIÓN PARA O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


A- FRAUTA.

Hoxe toca comezar coa partitura que copiamos o último día, pero antes de nada, poñeremos o nome a cada nota.

Recordade tamén os consellos de sempre:

1- Lombo ben dereitiño.
2- Man esquerda arriba.
3- Man dereita abaixo.
4- Polgar esquerdo tapando o burato traseiro.
5- Polgar dereito nas "raias"
 
Deixo por aquí unha gravación desta pequena partitura. Podedes baixar a velocidade de reprodución do vídeo picando na configuración.



Recordade a importancia de practicar dez ou doce  minutos diarios, de luns a venres.

B- CANTAMOS: MEU O MUNDO É.

 

C- OS COMPASES.

Este é o compás de dous por catro. Ten dous pulsos e cada un deles complétase cunha negra ou o seu silencio (ou algo equivalente)

 

 

 

 

 

Este é o compás de tres por catro. Ten tres pulsos e cada un deles complétase cunha negra ou o seu silencio (ou algo equivalente)

 
 
 
 
 
 
Este é o compás de catro por catro. Ten catro pulsos e cada un deles complétase cunha negra ou o seu silencio (ou algo equivalente)