29 xaneiro 2024

2º CURSO 2.4

29 XANEIRO - 2 FEBREIRO

 
Bo día !

A- REPASO DAS NOTAS MI, FA, SOL E LA.

Hoxe recordaremos a colocación das notas mi, fa, sol e la no pentagrama.

Mi: primeira liña.

Fa: primeiro espazo.

Sol: segunda liña.

La: segundo espazo.

A pasada semana copiamos unha pequena partitura con estas notas. Agora  comprobaremos  no  caderno  que  os  seus nomes estean ben postos.


B- INSTRUMENTOS DE TECLA.

Agora falaremos de dous instrumentos de tecla: o piano e o acordeón.

O piano é un instrumento de corda percutida. No seu interior ten varias cordas que son golpeadas (percutidas) por uns marteliños. Estes martelos son accionados por teclas.


O acordeón é un instrumento de vento que tamén ten un teclado para tocar as melodías. Ao abrir e pechar o fol fórmase unha corrente de aire que fai vibrar unhas lingüetas. Estas lingüetas emiten diferentes sons. No lado contrario ao teclado ten os baixos.


C- ESCOITAMOS CON ATENCIÓN.

Por último veremos un grupo de acordeonistas interpretando unha melodía moi coñecida. Prestade moita atención !