29 abril 2024

6º CURSO 3.4

29 ABRIL - 3 MAIO

 

Bo día !


A- OS MAIOS.

Como xa sabedes por outros anos, a celebración dos maios ten unha longa tradición en Galicia. Con esta festa, realizada no primeiro día do mes, damos a benvida ao mes de maio, e con el, a unha época do ano na que comezan a medrar os días e tamén as temperaturas.

Como parte desta celebración fanse coplas. As estrofas teñen catro versos octosílabos coa seguinte estrutura:
 
8a  8b  8a  8b

Ou ben:

8-  8a  8-  8a

As coplas recollen algunha crítica social, denunciando algún feito actual, que son cantadas batendo os paus arredor do maio, consistente nunha estrutura cónica adornada con fiúncho, ovos, xestas e pampullos.

Estas son as coplas que fixo o alumnado de Barcelos no ano 2016 para cantar na Ferrería:
 

 

Premendo nesta fotografía poderedes ver a celebración dos maios en Pontevedra.


B- GRUPOS RÍTMICOS: CORCHEAS+SEMICORCHEAS.

Atención a estes grupos rítmicos:


Para ler estes grupos rítmicos temos que partir do grupo de catro semicorcheas e das palabras chocolate ou tikitiki.
 
 
Igualmente podemos atopar estes grupos rítmicos pero cambiando algunha das figuras por silencios, orixinando así as notas a contratempo, ou simplemente contratempos, que son as que se dan en parte ou fracción débil cando están precedidas dun silencio:
 



É a hora de coller as baquetas para facer estes ritmos nos que se colarón algúns contratempos. Prestade moita atención!!
    

C- GRADUACIÓN.


- Blowind in the wind, Bob Dylan.

- Twist and shout + La Bamba (orquestra Orff)

5º CURSO 3.4

29 ABRIL - 3 MAIO

Bo día !


A- OS MAIOS.

Como ben sabedes, a celebración dos maios ten unha longa tradición en Galicia. Con esta festa, realizada no primeiro día do mes, damos a benvida ao mes de maio, e con el, a unha época do ano na que comezan a medrar os días e tamén as temperaturas.

Como parte desta celebración fanse coplas. As estrofas teñen catro versos octosílabos coa seguinte estrutura:
 
8a  8b  8a  8b

Ou ben:

8-  8a  8-  8a

As coplas recollen algunha crítica social, denunciando algún feito actual, que son cantadas batendo os paus arredor do maio, consistente nunha estrutura cónica adornada con fiúncho, ovos, xestas e pampullos.

Estas son as coplas que fixo o alumnado de Barcelos no ano 2016 para cantar na Ferrería:
 

 

Premendo nesta fotografía poderedes ver a celebración dos maios en Pontevedra.




B- O TEMPO MUSICAL.

Cando interpretamos unha peza de música temos que prestarlle moita atención ao tempo que lle temos que dar. Este tempo ven indicado, nas partituras, con termos italianos que indican a velocidade á que se ten que interpretar.
 
O tempo é, polo tanto, o aire que se lle da á obra, e dicir, a velocidade á que temos que tocar.


O metrónomo é un aparello que emite un son, no que se pode graduar a velocidade, para axudarnos a manter un tempo constante ao interpretar unha peza.

C- AUDICIÓN E PERCUSIÓN.

Agora escoitamos con atención a peza "Le Basque" do compositor francés Marin Marais.
 
Na primeira vez escoitamos e imos vendo as indicacións rítmicas de cada parte desta pequena obra. Na segunda vez tocamos coas baquetas.

Moita atención ao tempo da obra.
 

4º CURSO 3.4

29 ABRIL - 3 MAIO


Bo día !

 

A- OS MAIOS.

Os maios teñen moita tradición en Galicia. Celébranse o primeiro día do mes, para dar a benvida ao mes de maio e á época do ano na que comezan a medrar os días e tamén as temperaturas.

As estrofas que se cantan teñen catro versos de oito sílabas coa seguinte estrutura:

 
8a  8b  8a  8b

Ou ben:

8-  8a  8-  8a

As coplas recollen algunha crítica social e son cantadas batendo os paus arredor do maio, que é estrutura cónica adornada con fiúncho, ovos, xestas e pampullos.

Estas son as coplas que fixo o alumnado de Barcelos no ano 2016 para cantar na Ferrería:
 

 

Premendo nesta fotografía poderedes ver a celebración dos maios en Pontevedra.


 

B- LINGUAXE MUSICAL.

Para a seguinte actividade picamos na imaxe para abrir o enlace ao xogo.
https://aprendomusica.com/const2/21trivial1/trivial1.html

C- AUDICIÓN.

Hoxe escoitaremos algo de música tradicional galega.

Este tipo de música foise transmitindo de xeito oral e de xeración en xeración, xa que antes non existían os dispositivos de gravación que temos hoxe en día.
 
A música tradicional trata de expresar a nosa cultura, a nosa forma de ser e o noso estado de ánimo. Podemos atopar un tipo de canto para cada ocasión: para ir durmir, para ir traballar, para o día de reis, para ir de festa...


3º CURSO 3.4

29 ABRIL - 3 MAIO


Bo día !


A- OS MAIOS.

Os maios celébranse o primeiro día do mes, para dar a benvida ao mes de maio e á época do ano na que comezan a medrar os días.

As estrofas que se cantan teñen catro versos e son cantadas batendo os paus arredor dun maio feito con fiúncho, ovos, xestas e pampullos.


Estas son as coplas que fixo o alumnado de Barcelos no ano 2016 para cantar na Ferrería:
 

 

Premendo nesta fotografía poderedes ver a celebración dos maios en Pontevedra.


 

B- INSTRUMENTOS DE LÁMINAS NA ESCOLA.

Os instrumentos escolares de láminas pertencen á familia de percusión e están formados por dúas partes:
 
1- Caixa de resonancia.
2- Xogo de láminas afinadas de madeira ou metal.

O tamaño das láminas vai decrecendo de esquerda a dereita. As máis grandes emiten os sons máis graves e as máis pequena sons agudos.
 
Estes instrumentos tócanse con baquetas. As baquetas poden estar feitas con materiais de distinta dureza para emitir sons con timbres diferentes. Estas baquetas débense levantar rapidamente despois de cada golpe para deixar vibrar as láminas.
 
 
Temos tres familias: xilófonos, metalófonos e carillóns.
 


C- LINGUAXE MUSICAL: PERCUSIÓN.

Agora picamos na imaxe para acompañar con palmas esta "Muiñeira de Pontesampaio"
 

2º CURSO 3.4

29 ABRIL - 3 MAIO


Bo día !

 

A- OS MAIOS.

Os maios celébranse o primeiro día do mes de maio.

Ese día cantamos unhas coplas batendo dous paus arredor dun maio feito con ovos, xestas e flores.


Estas son as coplas que fixo o alumnado de Barcelos no ano 2016 para cantar na Ferrería:
 

Premendo nesta fotografía veremos a celebración dos maios en Pontevedra.


B- LINGUAXE MUSICAL.

Agora iremos ao enlace a practicar dúas cousas moi importantes: a colocación das notas no pentagrama e máis a lectura de ritmos.

Para practicar a colocación das notas picamos na clave de sol. Aparecerá un menú de tres opcións:
      Ler.
      Escribir
      Escoitar
https://aprendomusica.com/const2/20aprendonotasnivel3/aprendonotasnivel3.html
    
Para practicar os ritmos picamos nas corcheas.

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

C- MÚSICA E CINE: "FANTASÍA"

Agora, para rematar, queda aquí abaixo un enlace á película "Fantasía" de Disney.

É un fragmento da longametraxe na que escoitaremos a peza "El aprendiz de Brujo" de Paul Dukas. Nel poderemos ver o resultado que ten ás veces non seguir as indicación dos maiores, sexan pais, nais, mestras, mestres ou... bruxos.



1º CURSO 3.4

29 ABRIL - 3 MAIO

 
Bo día !
 

A- OS MAIOS.

Os maios celébranse o primeiro día do mes de maio.

Ese día cantamos unhas coplas batendo dous paus arredor dun maio feito con ovos, xestas e flores.


Estas son as coplas que fixo o alumnado de Barcelos no ano 2016 para cantar na Ferrería:
 

Premendo nesta fotografía veremos a celebración dos maios en Pontevedra.


B- PRACTICAMOS RITMOS.


Agora faremos click na clave de sol, esa que sabedes facer tan ben, e iremos á páxina para practicar ritmos con negras (ta), corcheas (titi), e silencios de negra (shh). Escoitade cada ritmo con atención e logo tratade de descubrir as figuras que soan.

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html

C- MÚSICA E CINE.

Na película de hoxe temos ao noso amigo Ethan e ás personaxes de Melody Street tocando a Marcha Turca. Violín, trompeta, caixa, frauta e trompa van aparecendo polo escenario tocando esta fermosa melodía de Mozart.
 

12 abril 2024

6º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL


Bo día !


A- FRAUTA: O INVERNO.

 
 
 
 

B- LINGUAXE MUSICAL: A SUBDIVISIÓN DO COMPÁS.

Xa temos falado de compases binarios, ternarios e cuaternarios cando falabamos das partes que pode ter un compás. Hoxe toca falar da subdivisión de cada parte ou pulso do compás.
 
Compases compostos: 6/8 9/8 e 12/8


C- COPLAS DOS MAIOS.

8

8a

8

8a


 5º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

Bo día !


A- FRAUTA.

Queda por aquí o vídeo de "Na Beira do Mar" para que a rematedes de estudar na casa. Preparádea ben xa que é para preguntar na aula.

 

B- LINGUAXE MUSICAL. 

Na partitura de arriba, o compás é un dous por catro. Este é un compás binario, é dicir, un compás de dúas partes, no que cada unha das partes se completa cunha negra (ou algo equivalente).
 
Prestamos especial atención ás síncopas.
 
 
Fixádevos tamén na colocación das plicas das figuras. Aquelas que están por riba da terceira liña, levan a plica pola esquerda para abaixo e as que están por debaixo desta liña, levan a plica pola dereita cara arriba. A nota "si", na terceira liña, pode levar a plica ou ben cara arriba ou cara abaixo, dependendo das notas ao seu arredor.
 
É moi importante tamén, que vos fixedes na dobre barra de repetición, recordade o que vos dicía na clase, ao chegar a ela "rebotamos" cara atrás.
 
Por último, prestade atención as casiñas de 1ª e 2ª vez para facer as repeticións.
 

C- COPLAS DOS MAIOS.

8

8a

8

8a

 4º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

Bo día !


A- FRAUTA.

Por aquí queda a partitura e a gravación da partitura "A Feira". Practicade duro que pronto a preguntarei na clase.



B- INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA CON BISEL.

A frauta traveseira e a frauta de pan, son instrumentos de vento-madeira con bisel.


 
Os instrumentos de vento-madeira con bisel, son uns aerófonos que producen o seu son pola vibración do aire no instrumento, sen que teñan que vibrar os beizos (coma nos instrumentos de vento-metal).

A pesares do seu nome non están construídos todos eles con madeira. Algúns están feitos en alpaca, prata...

 

C- COPLAS DOS MAIOS.

8

8a

8

8a

 3º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

Bo día !


A- CANTAMOS.

Comezamos repasando a canción:      


"O LIBRO MÁXICO" 
MIGALLAS

Vídeo con pictogramas.






B- FRAUTA: DIÁLOGO.

Practicamos esta partitura de frauta. Non vos esquezades de practicar 10 minutos na casa cada día de luns a venres.

1- Lombo dereitiño.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos amodo.
4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.



Cando non recordedes a posición dalgunha nota picade na frauta.

C- MAIOS.



2º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

 

Bo día !


A- CANTAMOS:

Comenzamos coa canción do útimo día:

 

B- AS NOTAS E O PENTAGRAMA.

Agora collemos o caderno de música para poñerlle o nome a cada nota na partitura da semana pasada. Logo leremos o ritmo e cantaremos a melodía.


 

C- PERCUSIÓN.

Por último hai que facer estes catro ritmos coas palmas. Recordade o seguinte:

Branca: tu-u
Negra: ta
Dúas corcheas: titi

1- Primeiro lemos os ritmos.
2- Agora lemos os ritmos dando palmas ao mesmo tempo.





1º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL 


Bo día !


A- CANTAMOS.

Repasamos a canción de Paco Nogueiras:


 

B- AS NOTAS E O PENTAGRAMA.

Agora acabaremos de completar os dous pentagramas do último día.

   Pica nas corcheas para ir vendo as notas no pentagrama.
 

 

C- AUDICIÓNS.

Agora prestade atención a esta animación do "Carnaval dos animais", de C. Saint-Saëns, para escoitar a "Marcha Real do León"