02 abril 2024

4º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL


Bo día !


A- COMPÁS CUATERNARIO.

Compás cuaternario é o que ten catro pulsos, tempos ou partes, que se distribúen así:

1ª parte forte.
2ª parte débil.
3ª parte semiforte
4ª parte débil.
 
Sabendo isto, e o valor das figuras, completaremos oito compases en 4/4 usando estas figuras:

 

Relación de las figuras musicales - hiru


B- PERCUSIÓN.

Agora temos que ler estes oito ritmos coas "palabras" de sempre. Despois faremos os ritmos coas baquetas.

Recordade que cada unha destas "palabras" dura un golpe ou pulso, así que teredes que andar máis lixeiriños nas semicorcheas.

 

C- MÚSICA E CINE: O TEMPO.

Cando escoitamos unha obra, unha das súas características máis destacables é o tempo, que é o aire, a velocidade que se lle dá á obra ou a unha parte dela. Este tempo ven indicado por termos italianos como:

Adagio (lento)         Andante (tranquilo)          Allegro (rápido)


Prestade atención agora ao tempo desta obra:

"Os sete magníficos"
(Elmer Bernstein).
 
 Especial Aniversario de ELMER BERNSTEIN - AsturScore

Elmer Bernstein naceu en Nova York en 1922 e finou no ano 2004. Foi un compositor moi recordado polas súas bandas sonoras, así que, hoxe, déixovos  aquí un enlace a unha das súas obras máis coñecidas.