29 abril 2024

5º CURSO 3.4

29 ABRIL - 3 MAIO

Bo día !


A- OS MAIOS.

Como ben sabedes, a celebración dos maios ten unha longa tradición en Galicia. Con esta festa, realizada no primeiro día do mes, damos a benvida ao mes de maio, e con el, a unha época do ano na que comezan a medrar os días e tamén as temperaturas.

Como parte desta celebración fanse coplas. As estrofas teñen catro versos octosílabos coa seguinte estrutura:
 
8a  8b  8a  8b

Ou ben:

8-  8a  8-  8a

As coplas recollen algunha crítica social, denunciando algún feito actual, que son cantadas batendo os paus arredor do maio, consistente nunha estrutura cónica adornada con fiúncho, ovos, xestas e pampullos.

Estas son as coplas que fixo o alumnado de Barcelos no ano 2016 para cantar na Ferrería:
 

 

Premendo nesta fotografía poderedes ver a celebración dos maios en Pontevedra.




B- O TEMPO MUSICAL.

Cando interpretamos unha peza de música temos que prestarlle moita atención ao tempo que lle temos que dar. Este tempo ven indicado, nas partituras, con termos italianos que indican a velocidade á que se ten que interpretar.
 
O tempo é, polo tanto, o aire que se lle da á obra, e dicir, a velocidade á que temos que tocar.


O metrónomo é un aparello que emite un son, no que se pode graduar a velocidade, para axudarnos a manter un tempo constante ao interpretar unha peza.

C- AUDICIÓN E PERCUSIÓN.

Agora escoitamos con atención a peza "Le Basque" do compositor francés Marin Marais.
 
Na primeira vez escoitamos e imos vendo as indicacións rítmicas de cada parte desta pequena obra. Na segunda vez tocamos coas baquetas.

Moita atención ao tempo da obra.