02 abril 2024

3º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL


Bo día !

 

A- CANTAMOS.


Comezamos cantando unha nova canción prestando moita atención a estes pasos.
1- Escoito unha vez, e con atención, a canción.
2- Leo e interpreto os pictogramas atentamente. 
3- Aprendo a canción por partes: primeiro o retrouso e logo cada unha das estrofas.

Como é unha canción de repaso, os que recordedes os movementos que aprendemos no cole, podedes repetir eses, e os que non, podedes inventar outros novos.

      

"O LIBRO MÁXICO" 
MIGALLAS

Vídeo con pictogramas.






B- AS FIGURAS E OS SILENCIOS.


Seguimos coa árbore das figuras. Comezaremos por copiar dende as semicorcheas ata a redonda.

Redonda....................4 pulsos.
Branca.......................2 pulsos.
Negra........................1 pulso.
Corchea.....................1/2 pulso.
Semicorchea..............1/4 pulso.



C- FRAUTA: DIÁLOGO.


Cando toquedes recordade os seguintes puntos:

1- Lombo dereitiño.
2- Man esqueda arriba e dereita abaixo.
3- Sopramos amodo.
4- Non premades demasiado cos dedos nos buratos.



Cando non recordedes a posición dalgunha nota picade na frauta.