12 abril 2024

 5º CURSO 3.3

15 - 19 ABRIL

Bo día !


A- FRAUTA.

Queda por aquí o vídeo de "Na Beira do Mar" para que a rematedes de estudar na casa. Preparádea ben xa que é para preguntar na aula.

 

B- LINGUAXE MUSICAL. 

Na partitura de arriba, o compás é un dous por catro. Este é un compás binario, é dicir, un compás de dúas partes, no que cada unha das partes se completa cunha negra (ou algo equivalente).
 
Prestamos especial atención ás síncopas.
 
 
Fixádevos tamén na colocación das plicas das figuras. Aquelas que están por riba da terceira liña, levan a plica pola esquerda para abaixo e as que están por debaixo desta liña, levan a plica pola dereita cara arriba. A nota "si", na terceira liña, pode levar a plica ou ben cara arriba ou cara abaixo, dependendo das notas ao seu arredor.
 
É moi importante tamén, que vos fixedes na dobre barra de repetición, recordade o que vos dicía na clase, ao chegar a ela "rebotamos" cara atrás.
 
Por último, prestade atención as casiñas de 1ª e 2ª vez para facer as repeticións.
 

C- COPLAS DOS MAIOS.

8

8a

8

8a