08 abril 2024

6º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL

  

Bo día !


A- FRAUTA.

 
Toca revisar e practicar a partitura: "O inverno", de Vivaldi.
 
 
 
Recordade a importancia de ir practicando a partitura coa frauta eses 12 minutos diarios para non ter "apuros de última hora".

B- LINGUAXE MUSICAL.

Agora tedes que ir co voso ordenador ao enlace da clave de sol para practicar uns sinxelos ritmos.
https://aprendomusica.com/const2/30dictadoritmico1/dictadoritmico1.html

C- AUDICIÓN: A ZARZUELA.

Agora escoitaremos un xénero músical moi español: a zarzuela.
A zarzuela é unha forma de música teatral xurdida en diversos territorios de España con partes instrumentais, partes vocais  e partes faladas.
O seu nome procede do Palacio da Zarzuela, que era onde se achaba o teatro que albergou as primeiras representacións do xénero e que hoxe é residencia dos monarcas españois.

A ver que vos parece...