02 abril 2024

1º CURSO 3.2

8 - 12 ABRIL


 

Bo día !


A- CANTAMOS.


Comezamos a sesión de hoxe cunha nova canción: 
 
"RADIO BULEBULE", PACO NOGUEIRAS

 

Seguiremos os tres pasos de sempre:

1- Escoitamos a canción con atención.
2- Imos cantando as distintas estrofas aclarando dúbidas.
3- Agora tratamos de inventar unha coreografía sinxela para representar a canción.



 

B- AS NOTAS E O PENTAGRAMA.


Agora collemos o caderno de música. Facemos unha clave de sol ao inicio do pentagrama e dividimos ese pentagrama en catro compases coas liñas divisorias. Seguindo estas indicacións completarás dous pentagramas.

Agora iremos ao seguinte enlace para copiar nos dous pentagramas as notas que vaian saíndo. Faremos dúas notas en cada compás, prestando moita atención á liña ou espazo no que está cada nota.

   Pica nas corcheas para ir vendo as notas no pentagrama.
 

 


C- MÚSICA E CINE: "THE CAT CONCERTO"


Despois de ter todo ben rematado, imos ao seguinte enlace para ver unha curtametraxe. Nesta película veredes o funcionamento dun piano mentres Tom e Jerry discuten coa interpretación da Rapsodia Húngara nº 2 de Franz Liszt.

Tom y Jerry : The Cat Concerto | Wichiluca

Agora podedes ver ao pianista Lang Lang interpretando esta peza de Franz Liszt