21 marzo 2024

6º CURSO 3.1

2 - 5 ABRIL



Bo día !


A- FRAUTA.

 
Hoxe toca acabar de copiar a partitura do último día: "O inverno", de Vivaldi.
 
 
 
Non vos esquezades de ir practicando esta partitura coa frauta eses 12 minutos diarios.

B- PERCUSIÓN.

É o momento de coller as baquetas.
A continuación temos unha serie de ritmos para facer. Comezaremos polos 12 ritmos en azul, que son máis curtos, e logo faremos os ritmos en verde (13-18). Coidado cos contratempos dos ritmos 12, 15 e 18



 
Xa que temos as baquetas na man imos sacarlle algo máis de proveito para acompañar con percusión esta canción.




C- AUDICIÓN; MÚSICA E CINE. 

"STAR WARS" (John Williams)
 
John Williams é un compositor e director de orquestra nado en Nova York en 1932. Leva toda a súa vida adicado á composición de grandes e premiadas bandas sonoras para as películas máis coñecidas, algunhas delas son: Harry Potter, Tiburón, E.T., Superman, Indiana Jones, Parque Jurásico e Star Wars.
 
John Williams | Star Wars Wiki | Fandom

A ver quen recoñece esta obra!!